ARES: Chegado o mes de maio era chegar por anticipado o mes...

Chegado o mes de maio era chegar por anticipado o mes de vacacions para aqueles que non levábamos ben permanecer sentados a mesa para atender o que dicía o profesor ou simplemente escribir cando este estaba dictando.
Don Antonio ¿podemos ir a buscar frores para o altar da virxe? sempre dicía que sí, e alá iamos, e veña á cazar grilos que frores había abondo estaban os prados cheos delas e de diversos cores e clases.
Á tarde levábamolas sempre agardando deixar algunhas mustias para o siguente día repetir a propuesta.
Eu creo que o profesor cedía á propuesta faéndose o parvo, era tamen á sua escusa para desfaerse dos que habitualmente en lugar de estudiar lle alborotabamos o galiñeiro