ARES: Díxenlle a don Antonio que hoxe non asistiría a escola...

Díxenlle a don Antonio que hoxe non asistiría a escola e aquí me vexo de caza maior
Có tirabalas de joma de neumático e jallas de pau de mirto a ver si cae algún gorrión para facer unha fritada añadíndolle patacas, moita pataca pos o gorrión solo da para chupar, un pouco de allo e veña o plato, vexo un merlo revoar alá entre a silveira, e dígolle o meu acompañante que imolo rodear pa mandarlle un pepinazo,  e como paxaro huidizo e astuto que e, ben se mimetizou entre as amoeiras,  ou sin nos darnos de conta foi e votou a voar,  o fin dounos o mismo mellor volver a velo en libertad que e como así se nos ofrece para disfrutar na sua natureza
Siguimos tirando para a barrosa e dende alí vemos chegar unha bandada de aves frías, o parecer van a xunqueira donde ali paran en época estacional para logo ir de novo o norte de África, seguimos e chegando a barrosa faendo alarde de alpinismo deixamonos ir polo terraplén, e xa ala abaixo vemos sair de entre o barro un lagarto multicolor, dime o meu socio que unha forma de cazalo e pollerlle de cebo un trozo de seda e cando morda darlle un tirón e que sin dentes se queda, o caso e que o saurio votouse a correr e ata hoxe; xa de regreso e entrando en papellas sinto un piopio ¿e que é?  un nido pegado a o cómaro casi a altura do chan cunhos pichons de merlos reclamandolle comida a nai,  hai un nada por ali revoloteando, ¿que pillamos? ¿e que iamos a pillar? Un par de labazadas en chegando a casa pois don Antonio mandou un emisario a casa para enterarse si era certo a escusa que eu lle había contado
Ahora ben, a pesar das labazadas ben que mereceu a pena a clase de natureza a ceo aberto e como debe ser.
Por certo, chamoume a atención a cantidad de perdra con vetas de prismas de cuarzo que por aquel entorno había
Bos días nos dea deus os cristianos e os ateos por que tamen son de deus.