Luz ahora: 0,07615 €/kWh

ARES: Hoxe, Domingo de Ramos de 1958, tócame levar o ramo...

Hoxe, Domingo de Ramos de 1958, tócame levar o ramo de loureiro e xa lle dixen o meu pai que non lle fixera caso a don Angel que di que o ramo non debe chegar mais enriba da nariz posto o ramo  desde o suelo, tendo en conta que os de Pedrós nadie lles chama a atención eso que traen árbores enteiros que casi non dan entrado na igresia,  e enriba despois da procesión adicanse a andar a rammallazos con aqueles que temos ramos pequenos que en vez de sair dunha procesión relixiosa parece que saimos do monte como cabalos silvestres desbocados.
Eu xa lle dixen o meu pai que non se pase de largo pero que sexa mais alto do que di o cura e que o tronco sexa gordo que llas teño gardadas a un que eu ben sei,  eide mallar nel po lo que me fixo o ano pasado, e logo cómo bon católico irei a confesalo cun cura dos que veñen de fora que son benevolentes coa penitencia.
Con don Angel non que igual mándame unhas labazadas por que e de man moi lixeira.