ARES: Ano 1959, encóntrome subindo as escaleiras de granito...

Ano 1959, encóntrome subindo as escaleiras de granito da casa parroquial e chegando o patín chamo a porta e aténdeme Prudencia a irmán do cura párroco preguntándome que desexo,  e lle digo que veño a pagar a bula para así poder comer carne todos os da miña  casa.
Prudencia era unha muller pequena  de desparpaxo natural irónica e que caía ben, al menos a min me ocurría.
E saiulle do corazòn,  e me dixo: cala fillo cala,  o que bo sería vila a pagar para poder comela o resto do ano, e votouse a reír.
A mín coa mente infantil asiduo a cata quesis pareciume un sacrilexio faer daquelo un xesto polo que reír
Non tardei tempo en comprender o que a través do seu peculiar sentido do humor me quixo dicir, eso que eu era moi pequeno..