ARES: Que tempos aqueles no que nos invernos as calles eran...

Que tempos aqueles no que nos invernos as calles eran lama e si tiñas que cruzar a calle facíalo a risco de caer espatarrado na lama a pouco que te descuidaras,  salvávase a calle Real por onde non podían circular os carros
E que decir daquelas baixadas de pantalons cousa que non e pa votar foguetes,  coa señal que deixaban saben do quen había comido cereixas cando era tempo delas, sabíase polas carambuñas
E quen tiña cuarto de baño co pracer que daba agua quente na tina mentras nai ou aboa derramaba auga quente con un cazo por riba do lombo e tocaba o seu fin cando empezaba a enfriar
E que felices éramos eu non sei si os no sos maiores pensaban igual eu, penso que si, a mi nunca mo dixeron tampouco llo preguntei e ahora xa non e tempo.
Que tempos aqueles que calquer pequena cousa que fora novedad, nos maravillaba.
E ahora con tanta exhibición o borde da hastìo xa nada nos sorprende e nos instala na apatía por mor de saturación.
E si recurrimos os oríxenes e o que nos ofrece a natureza. vemola escarallada
¡Pero carallo! ¿onde van os verderolos?, en onde os carrizos e lavanderías, en donde centos miles de gorrions, en onde xilgueiros e paxaros carpinteiros,  en onde cucos e paspallàs en onde carallo en onde, onde raposos porco teixos martas ou gato montes e as temidas deluciñas
Que desgraciado tempo que e do mundo virtual querendo ofrecer todo e encima pagando e resulta que non e nada e esa nada nos sacia por saturación e nos amarga por que mata a capacidad de admiración e sorpresa de todo o que nos rodea ainda que por deixadez foi perdido. e xa non e o que era.