Luz ahora: 0,13422 €/kWh

ARES: Seique quen dixo que a Manjona casou preñada foi Pepa...

Seique quen dixo que a Manjona casou preñada foi Pepa a Loba, falouse tal cousa na perruquería de Olguita, ¡o que alí non se fale! xa hai quen dixo que si o asunto non vai padiante vaise deber a un aborto para evitar a vergoña  a nai da noiva que eche moi puritana e tapalatatá cando se trata de falar das fillas dos demais, o mismo que a sua hirmán que de lareta chégalle ben,  e o seu marido que é un don nadie e vai paseando pola calle Real coa cabeza tan alta que parece un mariscal e sei que traballa en Ferrol de recadeiro e él anda a dicir que de xefe de oficina, eidello preguntar a mandadera que ela ainda que discreta sabe da vida de todos os que traballan alá cando non e na Bazán, quixenlle tirar pola lingua a perruqueira e dime que do que ali se fala alí queda en un alarde de profesionalidade,  calquerdía reventa a ola a presión por sobrecarga de palabros e  alá vai s perruquería o carallo.
Ainda que para correveidiles o lugar institucional eche o río novo, a fonte che galle ben soi falta poñer un altavoz en cada sitio e así enterarse a xente das boas e malas novas sin ter que sair da casa.
A fonte chegalle ben sobre todo a que hai o lado da igresia