Luz ahora: 0,14414 €/kWh

ARES: Un desexo incumplido da miña infancia, que me levaran...

Un desexo incumplido da miña infancia, que me levaran a feira do 21 de Cabanas coa escusa de ir a comprar un porco que cebar durante un ano, e con tal escusa mercar unha navalla con cachas de pau coa que facer pequenos traballos sobre madeira cómo facía un rapaz da miña misma edad o cal non lle pedín permiso para poder citalo e ademáis ainda non sei si o tal estará vivo.
Outro desexo incumplido foi o mercar unhas gafas de cartón na tenda que tiña a Ovispa a unhos cincuenta metros da casa de María a da leña, tiñan as gafas en vez de lentes de plástico ou cristal papel de couché  transparente dos mais diversos cores, a min gustabanme as de color roxo
Mira que chorei para que más comprara a miña abuela,  o meu pesar nin caso me fixo, e enriba me espetou.. Si home si, teu pai navegando po-lo mundo adiante para vos manter e tí deixar os cartos na casa de esa usurera.
As gafas costaban un real, o fin miña avoa me disuadeu asustandome o decirme, pero tí rapaz,  unhas gafas e enriba de lentes roxos,  mal sabes tí que as diluciñas son bichos perigrosos que se tiran o roxo , e si te morden corres perigo de morrer envenenado, non podo decir que me convencera,  pero cambiei de tercio como nos toros pero sin corneta
Ainda o día de oxe non sei pos nunca vin a eses vichos nin sei sigue habendo diluciñas e si supoñen perigro ou son un mito disuasorio para que calquer rapaz no foral mais ala, usual naqueles tempos cómo instrumento de control
Pois que voy a dicir
Que non me parece mal. Así funcionaba aquel mundo, tempo nos sobraba para madurar e asumir responsabilidades