Luz ahora: 0,15982 €/kWh

ARTEIXO: Arteixo, 02 de febreiro de 2009...

Arteixo, 02 de febreiro de 2009

D. S.

Os sucesos marcan o inicio deste informativo. Volven lentamente á normalidade os veciños dos inmobles afectados polo incendio rexistrado o pasado sábado de madrugada no entorno do Balneario. Catro portais afectados e trinta persoas pasan a noite na rúa Entre eles un bebé de 15 meses e un cidadán con paraplexía. A causa, un lume rexistrado en dous vehículos no garaxe, de dúas plantas, dun dos edificios afectados. O peligro chega non tanto do lume, como do fume. Alejandro García é o responsable do parque comarcal de bombeiros.

No dispositivo despregáronse, nun primeiro momento, os bombeiros de Arteixo e Carballo, policía local e Protección civil. Os labores dos corpos de seguridade, baixo a mirada da alcaldesa Pilar Souto, duraron toda a noite e prolongáronse ata as dez da mañá.

O sinistro chega xusto unha semana despois do gran temporal. O Concello dispón dende hoxe, na oficina do rexistro, un profesional que se adica a recolle-las posibles reclamacións dos cidadáns afectados pola cicloxénese e teñan dereito a compensacións. O Concello xa ten un listado dos danos aínda que, de momento, non existen valoracións dos mesmos. Pilar Souto

O tempo, mentres, non da tregua. Continuamos con borrascas, choivas, ventos moderados ou fortes e ademais, baixan as temperaturas. Máis datos, como cada día, na Axencia estatal de Meteoroloxía.

Non abandonamos o capítulos de sucesos pero abrimos outra fiestra. Un veciño de Arteixo de 63 anos figura entre os detidos na última operación policial contra a pornografía infantil. Xunto ó de Arteixo hai detidos dous varóns de 52 e 56 anos en Madrid e Barcelona e un cuarto de Ourense que resultou detido por tenencia e distribución de pornografía infantil a través da rede.

A operación iniciouse en Valencia e foi dirixida polo Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Policía coa colaboración das comisarías de Madrid, Barcelona, A Coruña e Ourense. Un dos arrestados foi pillado "in fraganti": estaba descargando arquivos de contido pederasta cando os axentes entraron na súa casa. Foi unha denuncia dun cidadán a que puxo en marcha a investigación policial. O denunciante indicara que, nunha coñecida rede de intercambio de arquivos P2P, detectara a existencia dun ficheiro musical que realmente contiña un vídeo de pornografía infantil. Durante os rexistros os axentes incautáronse de dez discos duros, 2 ordenadores, un disco duro externo e 2 pendrive, así como gran cantidade de imaxes de pornografía infantil.

“Arteixo parece un okupa nas parcelas da Deputación”. Son palabras da alcaldesa Pilar Souto. A primeira edil reacciona así ó se enterar de que a parcela que ocupa o pavillón polideportivo municipal, pendente de remodelación, aínda non está cedida á administración local.

O pleno da deputación solventou o pasado venres este trámite. A alcaldesa indica que foi a primeira dunha serie de “sorpresas” do actual executivo. A parcela do pavillón tampouco cambiara o seu uso aínda que si se utilizara para a práctica deportiva estaba calificada como “dotacional público”.

Dende o vindeiro martes 3 de febreiro, até o sábado día 7, Vilarrodís, Ponte Galán e o Barrio da Concepción festexan o San Brais.

O martes haberá fogos de artificio, o venres, verbena con carpa a cargo de "Los Españoles", e o sábado, sesión vermú e verbena coa orquestra "Hiroshima".

Un apunte dos veciños da A. R. C. D. FONTESVELLAS de Lañas. Convocan a tódolos socios á asemblea xeral ordinaria que corresponde ó ano 2008. Será o sábado próximo ás seis da tarde en primeira convocatoria e ás 18.30 a segunda.