Informativo Radio Arteixo
Enviado por Radio o mér, 2009-02-04 14:25 Informativo | Radio
Arteixo, 04 de febreiro de 2009
D. S.
O BNG pedirá explicacións sobre a actuación de AUGARSA no día do temporal. Silvia Seixas quere saber os porqués da situación de falla de subministro que algúns veciños viviron durante máis de 48 horas. A voceira nacionalista recoñece as explicacións que a alcaldesa ofreceu no último pleno da corporación pero require máis datos. Seixas indica que non lle serve, como argumento, o mal estado das infraestruturas. Lembra a nacionalista que a empresa adxudicataria do servizo xa sabía dese mal estado cando concorreu ó concurso convocado para a xestión do mesmo.
O BNG quere extraer conclusións positivas da cicloxénese explosiva. Seixas cre que este tipo de situacións deben servir para “aprender dos erros”.
A meteoroloxía dará unha tregua na xornada de mañá. Será leve. Hoxe novo nivel de alerta amarela por vento, choiva e mar de fondo. Para o venres abríguense porque podería volver a nevar en cotas inferiores ós 500 metros. Buscamos máis datos na Axencia Estatal de Meteoroloxía.
Máis reparos da intervención municipal. Ó de pavimentación no Escola Ponte dos Brozos de hai un par de meses súmase agora o emitido por ese departamento do Concello á construción en 2007 dos vestiarios e do almacén do pavillón polideportivo de Galán. Segundo o escrito do anterior interventor o procedemento omite o proceso de replanteo e os estudios de seguridade e saúde preceptivos.
O asunto tratouse en comisión de goberno o mes de novembro pasado e derivou nunha votación na que o concelleiro de urbanismo optou pola abstención aínda que o asunto viu a luz por maioría. O escrito de intervención sinala que o proceso vulneraba a lexislación vixente aínda que “os defectos formais non eximían ó concello da aprobación e pago das facturas” que ascendían a 37.366 euros. Os traballos estaban incluídos no Plan de Actuación Municipal 2006.
O BNG non ve polémica na presenza dunha concelleira de TEGA no mitin que o candidato nacionalista, Anxo Quintana, ofreceu o pasado venres no Galo de Ouro no acto de campaña máis importante da formación nacionalista ata o momento en Arteixo. A concelleira de mocidade, Lucía Ferreiro, asistiu ó acto o que espertou as suspicacias dalgún grupo político. Silvia Seixas.
Quintana foi o segundo candidato á presidencia da Xunta en visitar Arteixo. Unha semana antes o fixera o de TEGA Xoán Gato. Nin PSOE nin PP confirmaron, de momento, a presenza en Arteixo dos seus candidatos Emilio Pérez Touriño e Alberto Núñez Feijoo respectivamente.
O Concello prepara para este iniciado mes de febreiro un completo programa de actividades lúdicas, que contempla diferentes concurso de carnaval e un programa de maxia moi interesante.
Baixo o título “Febrerio Máxico”, o Auditorio Municipal acollerá unha ampla programación, que dará comezo o vindeiro venres día 6, ás 20:30, coa obra “Dakara”, do mago Dani García. O día 13 será o turno de Ramón García, con “Laberinto de Ilusións”, e o día 20, será o Mago Martín Camiña o encargado de encher de emocións o auditorio con seu espectáculo “Feitizo”. A programación máxica rematará o venres 27 coa obra “Boas Noites”, de Berrobambán Teatro, o único espectáculo cun prezo superior aos 2.50€ (serán 3.50€ de entrada).
De cara o Entroido, o Concurso Infantil de disfraces será o encargado de abrir a campaña, o sábado 21 de febreiro, ás 17:30 horas. Poderán concursar os rapaces menores de 16 anos nas categorías de Comparsa, Grupos e Individuais, con premios que oscilan entre os 120 e os 30€.
Xa de cheo nas datas de Entroido, o martes 24 será o turno do Concurso de Carrozas e do Concurso de Comparsas, ademais do Concurso de Disfraces de Adultos, que concentrarán aos arteixáns nestas datas de festexos.
Tamén hai cabida para as exposicións. O día 6 ábrese a que dedica Manuel López á súa obra entre o ano 1966 e o 2006. Permanecerá na sala de exposicións do centro cívico ata o 21 de febreiro.
Até o sábado día 7, continúan en Vilarrodís, Ponte Galán e o Barrio da Concepción os actos festivos con motivo do San Brais.
Para o venres preparan unha verbena con carpa a cargo de “Los Españoles”, e o sábado, sesión vermú e verbena coa orquestra “Hiroshima”.
Un apunte dos veciños da A. R. C. D. FONTESVELLAS de Lañas. Convocan a tódolos socios á asemblea xeral ordinaria que corresponde ó ano 2008. Será o sábado próximo ás seis da tarde en primeira convocatoria e ás 18.30 a segunda.
» 19 lecturas