Arteixo, 05 de febreiro de 2009
D. S.
Chega o frío. Meteogalicia advirte dun episodio meteorolóxico adverso a partires de mañá venres. O frío será protagonista. A cota de neve baixará ata os 500 metros. Para hoxe máis do mesmo con vento e choiva. O frío tamén o notaremos, sobre todo, pola tarde. Máis datos na Axencia Estatal de Meteoroloxía.
O PSOE resta importancia ó reparo de intervención que cuestiona o proceso que se levou a cabo para a construción, en 2007, dos vestiarios e do almacén do pavillón polideportivo de Galán. José Luis Rama e Argimiro Rodríguez indican que se trata dun asunto que pode ser “habitual” e que, en todo caso, demostra a transparencia coa que traballa o actual executivo. Escoitamos ó concelleiro de urbanismo.
O de facenda non esquece a época preelectoral. Argimiro Rodríguez vaticina que sairán máis asuntos parecidos
Rama quere, ademais, explicar os porqués da súa abstención naquela votación que foi interpretada como un desencontro entre membros do bipartito. O de urbanismo é táxante: “non existe desavenencia algunha entre os membros do goberno.
O escrito de intervención ó que se refire este episodio sinala que o proceso vulneraba a lexislación vixente aínda que “os defectos formais non eximiran ó concello da aprobación e pago das facturas” que ascendían a 37.366 euros. Os traballos estaban incluídos no Plan de Actuación Municipal 2006.
O PSOE acusa ó PP de querer “escorri-lo bulto” no asunto das parcelas irregulares do Polígono de Sabón. O concelleiro de urbanismo resposta así ós populares que, nesta emisora, indicaron que o responsable da situación da parcela do pavillón polideportivo fora o goberno de Frutos Martínez. José Luis Rama pregúntase porqué o PP non solventou o problema en 12 anos de goberno e lembra que foi Pilar Souto, o venres pasado, quen regularizou a situación da parcela
O PP ten unha explicación á pregunta de Rama. Non regularizaron a situación porque non actuaron sobre a parcela. Manuel Pose.
O pleno da deputación aprobou o pasado venres o cambio de uso da parcela así como a súa cesión o Concello. Trátase dun paso ineludible para poder acomete-la remodelación do polideportivo que o goberno iniciará proximamente.
O orzamento municipal incluirá un fondo de reserva para axudar a capas desfavorecidas en caso de necesidade. O documento orzamentario é reflexo da crise financeira e aposta pola contención de gasto e conxelación de partidas. Argimiro Rodríguez é o concelleiro de facenda.
Entre as inversións destaca unha partida de 50000 euros que o goberno local dedicará á recuperación da zona das Eiras en Meicende algo que xa se propuxera a alcaldesa Pilar Souto no pasado exercicio.
O Concelleiro espera que os grupos da oposición coñezan esta semana ou a próxima o documento orzamentario e non descarta o presentar a pleno, para a súa aprobación, o día 26 próximo.
Unha de política. Suspicacias entorno á presenza dunha concelleira de TEGA no mitin ofrecido por Anxo Quintana o venres pasado. Ó PSOE non lle importa e non hai motivo para as suspicacias. José Luis Rama é o voceiro dos socialistas
Citas. Primeira do “Febrerio Máxico”. O Auditorio Municipal acolle unha ampla programación que comeza mañá mesmo. Será ás 20:30, coa obra “Dakara”, do mago Dani García.
Tamén mañá ábrese a exposición que dedica Manuel López á súa obra entre o ano 1966 e o 2006. Permanecerá na sala de mostras do centro cívico ata o 21 de febreiro.
O mal tempo obriga a suspende-las festas de San Brais previstas para mañá e o sábado en Vilarrodís, Ponte Galán e o Barrio da Concepción os actos festivos con motivo do San Brais.
Un apunte dos veciños da A. R. C. D. FONTESVELLAS de Lañas. Convocan a tódolos socios á asemblea xeral ordinaria que corresponde ó ano 2008. Será o sábado próximo ás seis da tarde en primeira convocatoria e ás 18.30 a segunda.
» 23 lecturas