Luz ahora: 0,12106 €/kWh

ARTEIXO: Arteixo, 11 de febreiro de 2009...

Arteixo, 11 de febreiro de 2009

D. S.

O BNG tacha de “fascista e déspota” ó primeiro tenente de alcalde. Silvia Seixas reacciona diante das declaracións de Xosé Márquez que onte tildou de “falta de respeto” a decisión da Consellería de Vivenda de actuar no entorno de As Carballas para a construción de 217 pisos protexidos despois de afirmar, en decembro pasado, que retiraba de Arteixo o seu plan de vivenda. Para Silvia Seixas as manifestacións de Márquez, nesta emisora, responden a un interés electoral.

A voceira do BNG aplaude a decisión da Consellería “por necesidade” aínda que, advirte, a súa actuación deberá de se cinxir ó que permita a lei. Seixas sae así ó paso das advertencias do Concello que dubida de que o terreo en cuestión cumpra a lei de accesibilidade.

Xosé Márquez xa advertiu onte das dificultades que presenta o terreo para a construción de vivendas e acerca da titularidade de todo o solo no que se pretende actuar.

Silvia Seixas cre que a actuación da Consellería, de se levar a cabo, non suporía faltar á súa palabra porque só actuaría nun terreo da súa propiedade

A Xunta actuaría, segundo as previsións, nun ámbito de 83.420 metros cadrados ubicado en el entorno de la travesía de Arteixo e no que poderíanse construír 217 pisos protexidos. O terreo edificable comprende unha extensión de 33.368 metros cadrados. O proxecto previsto inicialmente recollía a construción de 271 vivendas, distribuídas en 217 pisos protexidos e 54 libres.

A alcaldesa Pilar Souto e os rexedores de outros 10 municipios da área metropolitana, incluído A Coruña, veñen de asinar un protocolo para o desenvolvemento do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia específico para a área coruñesa e o seu contorno. as partes asinantes acordan promover de xeito conxunto actuacións concretas para o fomento do transporte metropolitano en toda a área que incorporan, entre outros, a implantación dunha tarifa única e a gratuidade dos transbordos dentro da mesma área.

O acordo para A Coruña e a súa área de influencia enmárcase dentro do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia que ten como obxectivo principal mellorar a mobilidade e a accesibilidade no entorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado. Para acadar este obxectivo o novo Plan sostense en tres piares básicos como son a integración tarifaria, a mellora da oferta de servizos e a mellora das infraestruturas de transporte.

O BNG dubida da eficacia do protocolo asinado aínda que tenta ser positivo. A voceira nacionalista e responsable do BNG na comarca cre que o anuncio, onte, demostra a ineficacia da consellería en catro anos de lexislatura e ve tintes electorais no mesmo.

O protocolo establece unha tarifa única independentemente do modo de transporte utilizado ou da empresa que preste o servizo e do número de transbordos que faga o usuario, porque os transbordos que se realicen dentro dun intervalo de tempo determinado serán gratuítos. O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, salienta que o novo Transporte Metropolitano constituirá un “avance substantivo cara á modernidade, cara á unha sociedade que progresa nunha dobre dirección, única e inseparable, do que queremos todos construír, que é unha sociedade sustentable e unha sociedade inclusiva”.

Nada no horizonte orzamentario. O BNG alardea de paciencia e fuxe de polémicas. Non saben nada do documento. Nin por cauce oficial nin por vía extraoficial. Agardan pero non aforran críticas. Non de agora. Polo que poida pasar. Silvia Seixas.

O goberno traballa no documento que, segundo o concelleiro de facenda, debería de estar en poder dos grupos da oposición nos próximos días. O bipartito non descartou a pasada semana eleva-lo orzamento a pleno na sesión ordinaria do próximo día 26.

Máis visitas de candidatos á presidencia d Xunta. Ás xa consumadas de Anxo Quintana e Xoan Gato, súmase o próximo domingo Alberto Núñez Feijoo. O popular asistirá á tradicional laconada que o PP local celebra anualmente no Mesón de Pastoriza. Feijoo estará acompañado polo candidato número un pola provincia da Coruña, Carlos Negreira, ademais dos concelleiros de Arteixo e a Presidenta Local Isabel Vila.

Este é o cuarto ano consecutivo que os afiliados e simpatizantes de Arteixo se reúnen nestas datas. O PP facilita un teléfono para os que queiran asistir: é o 609 85 17 61 e 981 64 15 10. Tamén poden recoller entradas na Sede do Partido Popular de Arteixo.

Citas co “Febrerio Máxico”. O Auditorio Municipal acolle este venres a actuación de Ramón García, co espectáculo “Laberinto de Ilusións”.

De cara o Entroido, o Concurso Infantil de disfraces será o encargado de abrir a campaña, o sábado 21 de febreiro, ás 17:30 horas. Poderán concursar os rapaces menores de 16 anos nas categorías de Comparsa, Grupos e Individuais, con premios que oscilan entre os 120 e os 30€.

Xa de cheo nas datas de Entroido, o martes 24 será o turno do Concurso de Carrozas e do Concurso de Comparsas, ademais do Concurso de Disfraces de Adultos, que concentrarán aos arteixáns nestas datas de festexos.

» 32 lecturas