ARTEIXO: Arteixo, 13 de febreiro de 2009...

Arteixo, 13 de febreiro de 2009

D. S.

A Consellería de Educación garante a posta en marcha do novo Centro de Educación Infantil e Primaria, para o curso próximo. A Conselleira, Laura Sánchez Piñón, presentou onte, xunto á alcaldesa, ó novo centro que está chamado a alivia-la pesada carga que agora padece o CEIP Ponte dos Brozos saturado con máis de 1300 alumnos. Sánchez Piñón evita dar unha data aínda que asegura que os alumnos estarán no novo centro antes de que finalice 2009. O prazo de execución, oito meses, deberá de apurarse ó máximo.

A alcaldesa agradeceu a inversión da Consellería no novo centro aínda que, puntualizou, “debería de ter chegado antes”. Pilar Souto senta as bases dunha nova solicitude. O alto índice de natalidade fará necesario outra escola nos próximos anos.

A Conselleira indica que as novas instalacións nace dun estudio de necesidade que garante a optimización dos recursos educativos do municipio nun prazo de tres ou catro anos.

O proxecto contempla unha superficie útil de 3.755 metros. O edificio docente organízase en torno ao pavillón polideportivo cuberto, configurando unha edificación de planta rectangular, na que os espazos de circulación dispóñense adxacentes ao núcleo central constituído pola cancha cuberta. O deseño indica que os usos atenden á “funcionalidade”, polo que as 9 aulas de educación infantil sitúanse na planta baixa, con acceso directo ao exterior en cada unha delas; mentres que as 18 aulas de primaria, xunto ás de pequeno grupo, a aula de informática e a de música, constrúense na planta primeira.

O BNG calificou de electoralista este acto a poucas horas do comezo da campaña electoral. En TEGA evitan os calificativos pero Márquez cre que as críticas serán inevitables.

O CEIP aínda non ten Nome. Búscanse suxestións, e alcaldesa e conselleira apostan porque teña Nome de muller.

A inversión da consellería no escola é de 4’3 millóns de euros.

“A Consellería mentiu”. Xosé Márquez insiste nas súas críticas á consellería de vivenda polo seu anuncio de utiliza-la zona de As Carballas para acometer parte das vivendas protexidas contempladas no seu plan sectorial que se comprometera a non executar en Arteixo. Márquez coincide co PSOE nas apreciacións que, como fixera o edil de urbanismo, aluden a “fume electoral” en plena campaña.

Márquez anima á consellería a presentar un proxecto no que se especifique o terreo afectado. O de TEGA afirma que non todo o contemplado actualmente é propiedade da Xunta.

O primeiro tenente de alcalde cre que o anuncio da consellería pode tratarse dunha advertencia de cara á elaboración e futura aprobación do plan de ordenación urbana. O goberno local tiña previsto ubicar nesa zona un parque forestal. A xunta, con este movemento, di Márquez, está marcando o seu terreo.

O voceiro de TEGA respondeu ademais á voceira do BNG que o toldou de manter unha actitude “déspota e fascista” entorno a este asunto. Márquez cre que se trata dunha provocación e que non “entrará ó trapo”.

Veciños e políticos enviarán suxestións ó plan de transporte metropolitano. O goberno local aposta por mellorar percorridos intermunicipais a costa da posta en marcha do novo proxecto de transporte que engloba a tódolos concellos da área coruñesa. Potencia-las zonas rurais é o principal obxectivo. Xosé Márquez

Os alcaldes de 11 municipios da área metropolitana, incluído A Coruña, asinaron esta semana un protocolo para o desenvolvemento do novo Plan de Transporte Metropolitano de Galicia específico para a área coruñesa e o seu contorno. Acordaron promover de xeito conxunto actuacións concretas para o fomento do transporte metropolitano en toda a área que incorporan, entre outros, a implantación dunha tarifa única e a gratuidade dos transbordos dentro da mesma área.

Campaña electoral. O primeiro en visitar Arteixo nesas circunstancias será o candidato so PP, Alberto Núñez Feijoo. O popular asistirá o domingo próximo á tradicional lacoada que o PP local celebra anualmente no Mesón de Pastoriza. Este é o cuarto ano consecutivo que os afiliados e simpatizantes de Arteixo se reúnen nestas datas..

Citas co “Febrerio Máxico”. O Auditorio Municipal acolle este venres a actuación de Ramón García, co espectáculo “Laberinto de Ilusións”.

Pocoyó, Bob Esponja e outros coñecidos personaxes infantís estarán este sábado en Arteixo. O pabillón polideportivo acolle o espectáculo “Payasolandia”. Ademais de divertir ós cativos o show pretende concienciar. A mensaxe é ecolóxica. Jesús Santos é o responsable de Payasolandia

A función, única, é as cinco da tarde. As entradas, dende unha hora antes do comezo, nas taquillas diante do pavillón. O prezo, para tódolos públicos, dez euros. Os menores de dous anos non pagan.

» 44 lecturas