Luz ahora: 0,08478 €/kWh

Dolmen de Corveira, AS MAROÑAS

A Mina da Parxubeira, tamén coñecida como Dolmen de Corveira, é unha anta situada na zona coñecida como Estivada Vella. Datada entre o IV e III milenios a. C., intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoir o.
O corredor, pequeno, está orientado cara o leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cubría, así como as chantas do lado sur. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 metros e contaba cunha coiraza de pedras.