Luz ahora 0,16721 €/kWh

BARALLA: Jesús Fernández Núñez, nacido en Neira de Rei e afincado...

Jesús Fernández Núñez, nacido en Neira de Rei e afincado en Tortosa, reivindicou a coroa de España fronte a Juan Carlos I e presentábase como maxestade e descendente dos Trastámara.
LÁPIDA.
Hoxe, as súas pretensións son vítimas do esquecemento.
Os fregueses da súa parroquia natal non poden ler a placa fúnebre de tan ilustre personaxe e tan só algúns coleccionistas de curiosidades conservan a cartalería difundida hai cincuenta anos pola Súa Maxestade Imperial don Jesús Fernández Núñez Fernández de Telo, "heredero de las Grandes Coronas y Diademas Imperiales de las Casas Reales de Trastámara, Fernández, Suevia y Foix".
Está soterrado no cemiterio de Neira de Rei, no lateral sur da igrexa.
Na década dos 90 aínda se podía ler con nitidez unha lápida policromada fixada no muro do templo a carón do seu enterramento, que recollía os títulos reais e mais o escudo de SMI.
"A principios deste século as letras e a pintura desta lápida fóronse esvaendo.
Na actualidade, os veciños din que foi retirada do muro da igrexa por mor das obras de conservación realizadas.
Parece ser que a placa se conserva no interior do templo", relata Jesús Álvarez.