OFERTA LUZ: 5 Cts/kWh

BRETOÑA: Economía de Bretoña....

Economía de Bretoña.

Visión particular loxicamente, as reais sempre teñen que ir documentadas, e este non e o meu caso, trato de indicar sollo como o vexo eu

A gran pregunta é, Como se gaña a vida a xente en Bretoña? A resposta é complicada tal como está a situación do campo a día de hoxe.

Facendo un pouco de Historia, é interesante, remontarse ao pasado e ver como houbo unha evolución repentina a partir de finais dos 70, que foi cando houbo un boom da economía o que durou máis ou menos ata mediados dos 90. Desgraciadamente a partir de aí comezou unha lenta pero implacable recesión.

Desde mediados dos 60 a mediados dos 70:

Remontándonos ao pasado, e cando digo pasado é o pasado que eu recordo (a partir de mediados dos 60 mais ou menos), podemos dicir que ata o punto de inflexión que foi ese boom, a economía estaba baseada na gandería e era realmente unha economía de subsistencia. As casas tiñan 5 ó 6 vacas produtoras de carne (o leite non se vendía) e con iso vivían en moitos casos máis dun matrimonio. As vías de comunicación dentro do pobo reducíanse a camiños e nalgún caso carreiros, o cal non facía posible o uso de ningún tipo de maquinaria, o que, en consecuencia, limitaba o crecemento, a isto, sumábase un minifundio atroz. Á súa vez, a xente cultivaba produtos alimenticios consumibles e conservables (podían durar moito tempo sen deteriorarse) o que facía que se tivese a despensa chea todo o ano. En realidade aínda que se carecía de produtos manufacturados, nesta época nunca se pasou fame, a comida nas casas non faltaba, sempre había pan, patacas, ovos, carne de cocho curada, ademais doutros produtos do campo e algún que outro conexo ou pito dispoñible de vez en cando. Noutros sitios de España da zona rural se tiñan máis dificultades.

Nesta época, houbo moita emigración de xente tanto a países de Europa como internamente en España fundamentalmente a Barcelona. A xente que emigrou tomou a decisión correcta xa que o pobo non daba para máis. Do mesmo xeito que houbo xente que lle foi moi ben ehoubo outros que “perderon a carteira polo camiño”.

Como exemplo da situación do pobo, os neno dos barrios (Francos, Os Currás, Pedredo, Luxilde, Mourelle, castiñeira, Seselle) tiñamos que facer un percorrido andando por carreiros e camiños de 2 Km para ir ao colexio. Ata ao mediodía tiñamos que vir a casa a comer andando o que supuñía 4 Km adicionais (ida e volta). Os de Xemil, Igrexa e Fitoiro tíñana máis cerca.

Moitas veces a falta de posibilidades de acceder á educación xenera á súa vez, que non se detecte a importancia de inculcala aos nenos. Eu recordo ás veces, que na escola, un neno non viña e ao día seguinte preguntábaselle o porque, e a resposta era ¡é que tiven que axudar a botar as patacas!, o curioso do caso, é que ás veces se consideraba como xustificación válida! Incluso púñiase como exemplo de neno moi traballador, alguén a imitar para os demais. Que tristeza recordar isto agora e ver nenos que saían correndo da escola porque tiñan que ir axudar a traballar! Hoxe penso no pouco que xogou algún neno e póñome moi triste!... afortunadamente a min non me pasou e eu xoguei o miña parte!.. (outro día falaremos da nenez en Bretoña).

Pero foi cara a finais dos 60 cando se empezou a fraguar o cambio, e que cambio!. Coincidiron dúas cousas, por unha banda a apertura de España o mundo e por outro unha persoa moi particular que foi Don Gil, estou convencido que este cambio sen el non se habería producido ou produciríase máis tarde. Este punto de inflexión foi a concentración parcelaria!, popularmente coñecida como “O Parcelo” ou “O Aparcelamento”. Empezáronse a facer pistas de acceso ás casas e ás leiras e á súa vez acabouse co tremendo minifundio o que permitía por unha banda o acceso de maquinaria ás leiras e por outra que as leiras tiñan un tamaño mínimo para poder permitir o uso desa maquinaria.