-25% desde aquí

BRETOÑA: Mediados dos 70 a Mediados dos 90? O boom....

Mediados dos 70 a Mediados dos 90? O boom.

Tiñamos a Concentración Parcelaria completada, tiñamos pistas para acceso ás leiras, tiñamos man de obra nas casas e tiñamos o clima especial de Bretoña, que ata nos veráns máis secos, coas néboas que baixan de Carracedo polas tardes, fan que o terreo estea sempre húmido o cal facilita que creza sempre a herba e encima abriuse un mercado importante para a venda de leite. Con este caldo de cultivo estaba todo listo para a creación de granxas de vacas de leite!... comeza o boom!.

Todo o mundo comezou a comprar maquinaria, a facer cuadras, a sementar herba artificial en leiras que antes eran monte! o obxectivo: producir leite, o máximo posible… todo o mundo estaba tremendamente emocionado e motivado!

O diñeiro empezou a entrar, compraronse coches en todas as casas, había en todas elas non só produtos do campo senón comidas consideras inaccesibles tempo atrás, abríronse bares, fixéronse grandes festas no pobo.. movíase o diñeiro!..

Isto provocou unha reacción en cadea na contorna, edificábanse moitas granxas co cal necesitábanse albañiles, creouse moita man de obra. Había varias cuadrillas como Gallo, Bouso, Xan García, Severiano, O Vento, Os da Ponte de Outeiro, Jorge do Cordal etc etc.. Comprábase maquinaria, o cal xerou negocio para moitos provedores e man de obra nos talleres de reparación, Puleva montou un enfriadeiro que tamén deu traballo a moita xente, os bancos movían diñeiro para os créditos… Que gozada ¿non?

En paralelo e coincidindo no tempo Inlusa (creo que así se chamaba) montou unha fábrica de procesamento de lousa que se extraía das minas de Xemil, esta empresa deu traballo a moita xente, e para os tempos que corrían ofrecía uns salarios bastante aceptables.

Creouse a fábrica de de pensos (Xa) que ha a súa vez deu traballo á xente da zona.

Durante este período arranxáronse casas, todo o que quixo puido ir á universidade pois os pais podía economicamente financiar os estudos dos seus fillos sen demasiados problemas.

Púidose facer mellor? A resposta é que si, á miña entender moito mellor, pero hai factores que o impediron e un deles foi o benestar económico. Todo ten o seu principio e o seu fin, a duración da bonanza non é ilimitada no tempo, aínda que a comparación non é lóxica pois a escala é diferente, non hai máis que ver o que ocorreu coa crise financeira actual. A cadea económica dun lugar determinado é moi fráxil e a ruptura dunha pequena anilla provoca unha reacción que afecta á situación global. A xente obtiña bos resultados no día a día e non necesitaba (ou simplemente non quería) reflexionar sobre o futuro, o diñeiro corría e iso é o que se vía.

Aínda que a crise leiteira aparecese de igual modo, pero, quiza se puido aproveitar mellor esa etapa de bonanza:
• Non se compartiu: Malgastouse moito diñeiro en maquinaria para a que nunca se fixeron cálculos se era amortizable ou non. Se eu compraba un tractor, o veciño compraba un máis grande. Anque chegase perfectamente un para varias explotacións, pero isto é moi difícil de conseguir debido á mentalidade da xente de Bretoña. Unha persoa prefire que o tractor sexa seu, aínda que lle teña que facer o traballo ao veciño gratis, antes que compartir a propiedade con el. Todos isto fixo que se comprase moita maquinaria que era innecesaria cun considerabledespilfarro.
• Explotacións conxuntas. É unha pena que non se haxan feito, o rendemento poido ser moito máis alto, o problema é así mesmo psicológico, pois nunha asociación todo o mundo ten a idea que perde, ninguén reflexiona que ás veces hai que ceder nun punto determinado para poder gañar en global! este é o obxectivo importante, o global!. Grandes explotacións puxesen aos gandeiros nunha posición de vantaxe para negociacións cos provedores o que suporía un maior beneficio adicional e moitas menos horas de dedicación ao traballo con maior rendemento (días libres etc… en definitiva calidade de vida)
• Control: alguén facía un seguimento a cada vaca que tiña para ver se era rentable? A resposta é non, (hoxe se se fai). Púidose sacar máis rendemento.
• Organización no traballo: Non a houbo! Isto supuxese disciplina de horarios e costumes e xeralmente a maior parte dos gandeiros, estaban afeitos a liberdade tanto de horarios como de métodos de traballo, cousa que á súa vez ten a súa vantaxe pero se se buscase a forma efectiva de facer as cousas reduciríanse as horas de traballo e traduciríase en máis tempo libre e como consecuencia maior calidade de vida.

Todo isto terminou, a cadea rompeu, o prezo do leite empezou a baixar incrementándose o costo de produción. A fábrica de lousas crebou debido a unha pésima xestión. A fabríca de penso vendeuse e xa non teñen prioridade os traballadores de Bretoña. Os propietarios das granxas empezáronse a xubilar e dada a situación os seus descendentes xa non quixeron seguir pois calquera alternativa era mellor solución. Necesítanse menos albañiles pois se fan menos obras etc.. etc. Este foi o principio da etapa actual.