-25% desde aquí

BRETOÑA: A situación actual....

A situación actual.

As granxas pequenas practicamente todas desapareceron, sobreviven grandes explotacións pero ata estas con grandes dificultades, ata xente nova con boas explotacións abandonaron esta actividade e dedícanse a outras cousas. A xente nova foise e hoxe en día Bretoña é en realidade un pobo cunha media de idade moi alta. A base principal de ingresos é fundamentalmente as derivadas das pensións de xubilación.

Ten solución? Ao meu entender a única é fomentar a creación de empresas, tendo en conta os recursos da zona, esta tarea é moi difícil e complexa, máis nun concello no que Bretoña é unha parroquia satélite e non a sede central. Eu persoalmente non teño a receita para facelo. Adicionalmente ningún dos gobernos municipais conseguiu nada neste aspecto, un pode traballar o tema social e o cultural pero estes non conseguen solucionar o económico. O contrario, conseguindo que a parte económica funcione, os demais veñen por se sos, sen necesidade de esforzo. Se a xente ten traballo e ingresos aceptables non se necesitarán axudas de subsistencia e seguro que os fillos destas persoas teran mais posbilidades de incrementar os conocementos culturais.

En fin? todo isto poderíase extrapolar non só a Bretoña senón a outros pobos do contorno. Seguro que cada pobo ten a súa propia historia!

Ao final o que quedan sempre son as persoas, que en definitiva é o que realmente importa! As persoas cos nosos comportamentos somos as que creamos ou destruímos etapas económicas xa sexan de bonanza ou de crise.