Visto desde Bergland. No cume hai pozas, das que beberon os celtiñas cando fuxiron dos seus castros ao ser atacados, cercados, polos
romanos. Ao secárselles, no verán, optaron por suicidarse co zume dos teixos, antes que caer en mans dos romanos. O Centurión atacante, Ciro, dá nome actual ao
monte; e tamén á
parroquia de
Cirio (realmente, antiguamente, de Ciro, porque foi o terreo que lle deron como xubilación).