Rebaja tu factura AQUÍ

A GUDIÑA: Hubera xurado que non tiña enemigos, nin había razón...

Hubera xurado que non tiña enemigos, nin había razón pra que os tívese, e con todo...
A rvolución sorprendeo traballando como decote e, como endexamaís tívera que ver con ninguén, non lle deo importancía maior. Coidou que sería unha de tantas revoltas políticas sen mais trascendencia. Mais cando viu que sacaban da sua casa ós homes honrrados e os deixaban estrados no montes com bestas sen dono; cuando as bágoas das viudas e dos orfos inocentés lle moñallaron as maus; cando presencio o roubo da sua propia casa e se enteirou de tantos asoballamentos, de tantos asesinatos innecesarios, de tantos roubos inxustificados
o seu ánimo alporizouse e apretáronselle os dentes de rábecha e de impotenza.
Viu arrededor de sí aquiles anacos da sua-i-alma, aquiles fillos que era a sua ilusión e fraqueáronlle as forzas. Mais, ¿Por qué aquil medo? ¿NOn era íl un home honrrado? Sí, pro tamén o era o señor Caitano, decíalle a conciecia, e aló ficou na presa do muiño asesinado polo o Mexerico, que aínda lle debía a ebarcación de cando se fora prás Américas.
Dende entón do Xesús non asosegaba. Calqueira balbordo na noite antoxábaselle que era unha chamada a sua porta. Si cualquer veciño chegaba á sua casa despoixas do solpor tremíanlle as carnes e non atinaba a enfiar as verbas.
Aquil desasosego fol meirande ainda cando o soupo a sorte que corrían os seus compañeiros. O de Esmoroz, cesante; o de xures na cadea; o de Ferreira e o de Lousadela e tantos uotros enfeliceses que loitaron por avida o mesmo esforzo que í tiña loitado, recibían agora aquil premio á sua laboura, en tanto algús dos profesores que o derixían e os ourentaban seguían tan fonchos nos seus postos alaudando aos autores de tanta iniquilade, si ben é certo que outros tamén foran inxustamente perseguidos e incruso mortos.
E tolo, xa fora de sí, púñase ó pé do Cristo que penduraba na cabeceira do seu leito e clamaba:" ¡Señor. Ti que tamén fuches persiguido inxustamente, ¿Consentirás
tanta ignominia?"
Xa non era posible traballar na escola. Fallaba a tranquilidade. O ánimo estaba sospenso e a cada intre agardábase un pau, sen saber donde lla viñese, nin os motivos aparetes.
Na capital constituírase unha chamada Comisión depuradora dos escolantes. Estabá composta por cinco señores-de algún xeito se lles ha cahamar-nemigos xurados de todo Maxisterio. Foran reclutados antre os máis dóciles ás indicaciós dos que mandaban: beatos farisaicos, xentes amoraes, piollos de bispo, homúncolos sean concencia, pais de familía sen fillos, fillos iles de mala nai e incapaces de remorsos ante a meirande canallada. Iste tribunal da nova IInquisición recollía doda cras de denuncias, anónimas ou non, con tal de que serviran pra facer mal a calqueira. Non se coidaban de que chegaran probas e, sistemáticamente, desbotaban os informes que poidesen favorecer aos denunciados.
A primeira medida era a de suspendelos de soldo elogo mandábanlle ó axusticiado un "pliego de cargos"onde figuraba as calumnias mais tremendas, mais ausurdas e mais incongruentes contra da honra das personas-á escolanta do Abeledo acusárona de "de ser algo masona"-sen que lles tramase a mau a aquiles tipos que cometían a diario o sacrilexio de comungar en pecado.
Un daquiles papeliños chegou ás maus de don Xesús que ficou abreiado. ¿Sería posibel que alguén poidese amañar aquil tecido de cousas canallescas? ¿Non fora íl sempre un home de ben? E co papel nas maus parecíalle mentira co mundo albergase xente tan ruin. Adoecido de rábecha fixo díl un embrullo e tirouno con carraxe ó chan.
E ó día seguiente comenzou do Xesús a percorrer a rua de Amargura. Alí onde coidaba que atoparía ogarimo, recibíano con friaxe e incruso o crego, con quen a diario paseaba, se mostrou remiso en lle dalo informe que lle pedía.
Nos intres de soedade don Xesús ollaba pra dentro de sua concencia e atopábase limpio de culpa, o que lle daba novos azos prá loita. Aquela iniquidade non podía prosperar; as acusaciós ficaban esmagadas ca forda das probas que tiña na sua mau. Os señores da comisión serían xente de coiciencia e atinarían a ver onde estaba a verdade e cal era a calumnia. E convencido daquil seu razonamento asosegaba un pouquiño.

Disculpen teño que traballar ora istá o xefe a xamarme. Mañán si podo continuaremos.