Luz fijo a 0,11115 €/kWh

A GUDIÑA: Continazahu do mensaxe anterior....

Continazahu do mensaxe anterior.

Cada día tiña menos forzas pra ir á escola. Non había pernas que alí o levasen. ¿Por qué lle collera aquil despego, il que fora un verdadeiro apóstol do inseño.? Sentiase defraudado. Traballara por unha Humanidade millor e atopábase mergullado nun mar de xenreiras inespricabres. O "próximo" de Cristo tíñase trocado na mais noxenta das hienas. Non se podía ter fiducia en ninguén. A besta matara ó anxo en todos los homes e vivíase pior que no cuaternario. ¿Pra qué insinarlle a escribir ós rapaces si logo habían de facer mal uso da escritura valéndose dela pra caloñar ós veciños? E diste xeito foise apagando níl aquela luz apostólica que dende o comenzo da sua carreira levaba acesa no corazón.
Don Xesús vía agora, millor que nunca, o fracaso da sua vida, a perda das suas ilusiós, o esborrallamento de todas aquelas espranzas que tiña postas na Escola e sintiuse anulado, cautivo, inútil. A inxustiza dos homes doíalle no mais fondo da sua i-alma e o delor rubíalle ós ollos que lle proían cmo si llos cegasen con terra. Polas meixelas, curtidas no diario traballo, corrían a fío e pesadiñamente as bágoas que formaban un encoro na mesa.
O Parrulo, que estaba no primeiro pupitre, decatouse de que oscolante chora e ficou caladiño como un morto sin se atrever a pestanexar. Os outros raparigos cotaxiáronse de emoción e o fondo silenzo que de sócato se fixo na escola, sacou a don Xesús do seu estado. E cas meixelas ainda molladas e os ollos engrandados,
díxolle ós nenos:
-"Recemos un Noso Pai pola saude dos nosos nemigos".

Sinores ispero que non le moleste a ninguen con íste relato que me face contar aquí o meu xefe. Tratame male di conta iso ahí xa que non escrebes ben o castellano, conta iste Galego rancio- O que eu le contesto tú crees que isto e un caldo, pra istar rancio.
O primeiro que iamos a pasar os santos a miña terra y ahora dis que ten que quedar aquí, por istar o tempo malo, penso que istá pior do que eu, que xa istar.
Tardey un bocadito mais da conta en copiar isto por istar a leer, el coronele frances, contado por La Casa Del Peru. Que por certo pasou as suas o mencionado coronele.
Unha aperta pra tuda xente.