Ofertas de luz y gas

A GUDIÑA: Hoxe superácheste amigo, vai saber que capacidade de...

Istes sinores letrados, aunque de vez incuando se coman as letras, que me díxeran
por qué veñen os cabalos como si fora guerra. Será por arrogancia y poderio, nahu
me gostaría que interpretaran mal as miñas palabras. Que en el fondo me gosta a cabalería.
Unha aperta.

Hoxe superácheste amigo, vai saber que capacidade de concentración alcanzaches e con que a conseguiches, esta mensaxe debe estar dirixida a iniciados da orde dos “potreiros”, porque non hai por onde collela. Eu o único que che digo, de corazón, é que de toda a panoplia esa de personaxes que tés, 25/25, Barxés, Pita Moñuda, et. etc. o mais adecuado é o que estabas empregando ultimamente, ¡se hasta na Vilavella che deron a benvida con él!, á xente non lle gusta que a vacilen, ¿dáste conta?, polo que eu suxeriríache que abandonaras os outros, pouco a pouco, e te concentraras nese, i así acabábanseche os malos “rollos” i os insultos.

A non ser, como dicía nunha das miñas mensaxes anteriores, que o que realmente te motive sexa iso precisamente, vacilar o persoal, que é o que cada vez me creo mais, en tal caso que queres que che diga “sigue, sigue, no pares..” continúa co teu delirio, pero que che conste que enganas a moi pouquiños, nos sitios pequenos, como é a nosa zona, acabamos por coñecernos todos, eu a ti coñézote de referencia, pero coñezo persoalmente a teu irmán, o que vive na aldea, co que me levo moi ben por certo, teño estado na vosa casa “deitando uns copos” e incluso anduvemos en tratos para mercar un burro, aínda que ó final a operación non se realizou. Non te concentres demasiado que podes quedar “pasmao”, ja, ja. Veña, sen acritude, unha aperta.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Amigo Pica, desapareciste eu istou preoucupado, o caso e que nahu te pasara nada malo. Ispero que me explicaras a orde dos porteiros pra saber o asunto da cabalería. Si non queres nahu pasa nada o caso e que tú istes ben.
Unha aperta.