Ofertas de luz y gas

A GUDIÑA: Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate,...

Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido da súa argumentación para utilizar este tipo de gramática, sintaxis e vocabulario. Normalmente ese tipo de persoas son xente que badúan en contra do imperialismo español que asoballou a lingua galega por tanto tempo i eles mesmos van e entregan se nos brazos do portugués, baseados en non sei que argumentos filolóxicos, que contradición meu Deus, porque queirano ou non os "lusistas", o galego i o portugués son dúas linguas diferentes.

O galego chegou hoxe onde chegou por un camiño diferente do portugués con unha evolucion de moitos séculos diferente da do portugués, polo tanto o resultado ten que ser loxicamente diferente, facer hoxe "tabula rasa" de todo ése tempo e pretender escribir ou falar en galego como se estuveras escribindo ou falando en portugués parece me de un infantilismo absurdo.

Sei que vou a provocar as iras dos "lusistas" que entren no foro, que por certo parece que é a corrente que domina hoxe en día, pero tiña ganas de dicilo.

Eu por desgracia, pola miña idade non fun educado no galego escrito, e algo que sinto na alma, polo tanto son totalmente autodidacta pero case prefíro non haber sido educado no galego escrito a verme obrigado a escribir con unha escritura coa que non identifico para nada a miña lingua nai i o que unca farei será escribir con unha ortografía que parezme falsa e totalmente artificial. En resumen, não, jornal, nosso, veja, etc. son termos portugueses que non tein nada que ver coa miña lingua, a que eu mamei, e dicer a miña lingua nai.
Dito isto unha aperta.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Istou muy contento oxe pois apareciste, pareces un home sensato, dito isto eu nunca tuben dubida, más, falas ahí de mamar, nahún sey sey se te refieres cando eras piquino, ou foi de mayor. Me gostaría saber se te cai mellor ô Ingles, ca iste caso ô portugués que somos compadres. ¿Tú nahún serias timbreiro no congreso dos agazapados aquí en Madride.?
Unha aperta amigo Pica.
Prezado Picarel: Teño que darche a razon a tua critica respeito os lusistas porque eu tampouco comparto o galego lusista. Dices tamen unha gran verdade referente na que o imperialismo español, mais ben dito a dictadura reprimio o galego nas escolas e nas cidades soi se mantivo nas aldeas, dei que os que falaban o galego nas cidades lle chamaran aldeanos, dito esto, eu o texto copieillo pola morte do ilustre Isaac Diaz Pardo finado fai poucos dias, y o texto é de Nemesio Barxa, que foi presidente ... (ver texto completo)
Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez que entro neste foro, pero teño que aplaudir esta túa mensaxe. Non podo estar máis de acordo co que escribes.
É unha falta de respecto para a nosa lingua o querer torcer (ou estancar) a súa evolución según lle veña en gana a un grupo concreto.
O galego foi avasallado fai séculos pola burguesía, pola dictadura mais tarde, ahora polos lusistas, os castellanistas.... pero esta lingua rebule e non hai quen poida con ela!