Ofertas de luz y gas

A GUDIÑA: Prezado Picarel: Teño que darche a razon a tua critica...

Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido da súa argumentación para utilizar este tipo de gramática, sintaxis e vocabulario. Normalmente ese tipo de persoas son xente que badúan en contra do imperialismo español que asoballou a lingua galega por tanto tempo i eles mesmos van e entregan se nos brazos do portugués, baseados en non sei que argumentos filolóxicos, que contradición meu Deus, porque queirano ou non os "lusistas", o galego i o portugués son dúas linguas diferentes.

O galego chegou hoxe onde chegou por un camiño diferente do portugués con unha evolucion de moitos séculos diferente da do portugués, polo tanto o resultado ten que ser loxicamente diferente, facer hoxe "tabula rasa" de todo ése tempo e pretender escribir ou falar en galego como se estuveras escribindo ou falando en portugués parece me de un infantilismo absurdo.

Sei que vou a provocar as iras dos "lusistas" que entren no foro, que por certo parece que é a corrente que domina hoxe en día, pero tiña ganas de dicilo.

Eu por desgracia, pola miña idade non fun educado no galego escrito, e algo que sinto na alma, polo tanto son totalmente autodidacta pero case prefíro non haber sido educado no galego escrito a verme obrigado a escribir con unha escritura coa que non identifico para nada a miña lingua nai i o que unca farei será escribir con unha ortografía que parezme falsa e totalmente artificial. En resumen, não, jornal, nosso, veja, etc. son termos portugueses que non tein nada que ver coa miña lingua, a que eu mamei, e dicer a miña lingua nai.
Dito isto unha aperta.

Prezado Picarel: Teño que darche a razon a tua critica respeito os lusistas porque eu tampouco comparto o galego lusista. Dices tamen unha gran verdade referente na que o imperialismo español, mais ben dito a dictadura reprimio o galego nas escolas e nas cidades soi se mantivo nas aldeas, dei que os que falaban o galego nas cidades lle chamaran aldeanos, dito esto, eu o texto copieillo pola morte do ilustre Isaac Diaz Pardo finado fai poucos dias, y o texto é de Nemesio Barxa, que foi presidente dos avogados de Ourense cidade na que manten despacho, xunto con Vigo e Oporto. Que e socio fundador do diario dixital, e escrito en poucos dias Sermos Galiza.
Tamen digo que Nemesio Barxa nacido en Cadesiños (Viana Do Bolo) non é ningun iluminado, o contrario está considerado o mellor penalista de Galicia e o norte de Portugal. E senon pescudar información.
Repito non comparto a lusofonia do galego pero tampouco me molesta.
UNHA GRANDE APERTA