Luz ahora 0,11498 €/kWh

A GUDIÑA: Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez...

Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido da súa argumentación para utilizar este tipo de gramática, sintaxis e vocabulario. Normalmente ese tipo de persoas son xente que badúan en contra do imperialismo español que asoballou a lingua galega por tanto tempo i eles mesmos van e entregan se nos brazos do portugués, baseados en non sei que argumentos filolóxicos, que contradición meu Deus, porque queirano ou non os "lusistas", o galego i o portugués son dúas linguas diferentes.

O galego chegou hoxe onde chegou por un camiño diferente do portugués con unha evolucion de moitos séculos diferente da do portugués, polo tanto o resultado ten que ser loxicamente diferente, facer hoxe "tabula rasa" de todo ése tempo e pretender escribir ou falar en galego como se estuveras escribindo ou falando en portugués parece me de un infantilismo absurdo.

Sei que vou a provocar as iras dos "lusistas" que entren no foro, que por certo parece que é a corrente que domina hoxe en día, pero tiña ganas de dicilo.

Eu por desgracia, pola miña idade non fun educado no galego escrito, e algo que sinto na alma, polo tanto son totalmente autodidacta pero case prefíro non haber sido educado no galego escrito a verme obrigado a escribir con unha escritura coa que non identifico para nada a miña lingua nai i o que unca farei será escribir con unha ortografía que parezme falsa e totalmente artificial. En resumen, não, jornal, nosso, veja, etc. son termos portugueses que non tein nada que ver coa miña lingua, a que eu mamei, e dicer a miña lingua nai.
Dito isto unha aperta.

Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez que entro neste foro, pero teño que aplaudir esta túa mensaxe. Non podo estar máis de acordo co que escribes.
É unha falta de respecto para a nosa lingua o querer torcer (ou estancar) a súa evolución según lle veña en gana a un grupo concreto.
O galego foi avasallado fai séculos pola burguesía, pola dictadura mais tarde, ahora polos lusistas, os castellanistas.... pero esta lingua rebule e non hai quen poida con ela!
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Ola Gel un saudo da miña parte para ti tamén, a pesar de que, como dices, e a primeira vez que participas no foro da Gudiña, teño leido as tuas mensaxes en outros foros, principalmente no da Vilavella e vexo que temos varias cousas en común ou polo menos dúas, o amor a nosa lingua nai e formar parte dos galegos da diáspora. Hay tamén algún dos teus comentarios nos que non queda muy ben parada a xente da Gudiña, penso en particular aquel da que decía "analfabeto", este último comentario fago en clave ... (ver texto completo)