Luz ahora 0,04300 €/kWh

A GUDIÑA: Amigo Pica, nahún teño más que pedirte mil disculpas,...

Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido da súa argumentación para utilizar este tipo de gramática, sintaxis e vocabulario. Normalmente ese tipo de persoas son xente que badúan en contra do imperialismo español que asoballou a lingua galega por tanto tempo i eles mesmos van e entregan se nos brazos do portugués, baseados en non sei que argumentos filolóxicos, que contradición meu Deus, porque queirano ou non os "lusistas", o galego i o portugués son dúas linguas diferentes.

O galego chegou hoxe onde chegou por un camiño diferente do portugués con unha evolucion de moitos séculos diferente da do portugués, polo tanto o resultado ten que ser loxicamente diferente, facer hoxe "tabula rasa" de todo ése tempo e pretender escribir ou falar en galego como se estuveras escribindo ou falando en portugués parece me de un infantilismo absurdo.

Sei que vou a provocar as iras dos "lusistas" que entren no foro, que por certo parece que é a corrente que domina hoxe en día, pero tiña ganas de dicilo.

Eu por desgracia, pola miña idade non fun educado no galego escrito, e algo que sinto na alma, polo tanto son totalmente autodidacta pero case prefíro non haber sido educado no galego escrito a verme obrigado a escribir con unha escritura coa que non identifico para nada a miña lingua nai i o que unca farei será escribir con unha ortografía que parezme falsa e totalmente artificial. En resumen, não, jornal, nosso, veja, etc. son termos portugueses que non tein nada que ver coa miña lingua, a que eu mamei, e dicer a miña lingua nai.
Dito isto unha aperta.

Istou muy contento oxe pois apareciste, pareces un home sensato, dito isto eu nunca tuben dubida, más, falas ahí de mamar, nahún sey sey se te refieres cando eras piquino, ou foi de mayor. Me gostaría saber se te cai mellor ô Ingles, ca iste caso ô portugués que somos compadres. ¿Tú nahún serias timbreiro no congreso dos agazapados aquí en Madride.?
Unha aperta amigo Pica.

Ola Doutor Jekyll, non intentes ler cousas que eu non escribín, eu nunca desprecei o portugués que é a nosa lingua irmá porque vimos de un orixen común e coa que temos tantas afinidades, polo que téñolle un gran respeto e admiración, dito iso o galego é o galego i o portugués é o portugués, e da mesma maneira que o galego ten que facer fronte a influencia do castelán, ten que facer o mesmo e casi polas mesmas razons co portugués e non entregarse a súa influencia que é o que pretenden os lusistas, non e lóxico saír de Guatemala e meterse en Guatepeor. Pola outra banda respondendo os teus comentarios eu mamei cuando tiña que mamar, agora xa se me pasou tempo. Unha aperta amigo

Amigo Pica, nahún teño más que pedirte mil disculpas, assín mo istá a dictar ô meu xefe, como sabes eu sahún un bocadito da broma ê cando levo un bocadito da auga criada nas viñas,íste ano más, tú me pareces un home con un gran setido do humor, inspero desexo que me comprendas. Ahora lein bein a tua mensaxe, foi cuando comprendi a miña metedura de pata, eu so vi mamar y como andube tanto de cabraeiro de piquino por iso te dixe ô de mamar, coisa que facía eu con munta facilidade na cabra que istaba parida.
Ispero que me disculpes, tú que eres un home de letras.
Un forte abrazo amigo Pica.