Luz fijo a 0,11115 €/kWh

A GUDIÑA: Gel non lle des mais voltas, por favor, que non paga...

Amigo Barxes, a túa mensaxe abre un bo tema de debate, non coñezo o tal Isaac, perdoa a miña ignorancia, i o non coñecelo sinto a súa morte como sinto a morte de calquer ser humano, sexa galego ou filipino.

O que me produce un certo "picor" na mensaxe e a súa redacción. Non sei quen e o autor, se fuches ti ou outra persoa, en calquer caso o autor debe pertencer a esa clase de iluminados denominados "lusistas" que son xente que me perturban, eufemisticamente falando, polo sectario e sin sentido da súa argumentación para utilizar este tipo de gramática, sintaxis e vocabulario. Normalmente ese tipo de persoas son xente que badúan en contra do imperialismo español que asoballou a lingua galega por tanto tempo i eles mesmos van e entregan se nos brazos do portugués, baseados en non sei que argumentos filolóxicos, que contradición meu Deus, porque queirano ou non os "lusistas", o galego i o portugués son dúas linguas diferentes.

O galego chegou hoxe onde chegou por un camiño diferente do portugués con unha evolucion de moitos séculos diferente da do portugués, polo tanto o resultado ten que ser loxicamente diferente, facer hoxe "tabula rasa" de todo ése tempo e pretender escribir ou falar en galego como se estuveras escribindo ou falando en portugués parece me de un infantilismo absurdo.

Sei que vou a provocar as iras dos "lusistas" que entren no foro, que por certo parece que é a corrente que domina hoxe en día, pero tiña ganas de dicilo.

Eu por desgracia, pola miña idade non fun educado no galego escrito, e algo que sinto na alma, polo tanto son totalmente autodidacta pero case prefíro non haber sido educado no galego escrito a verme obrigado a escribir con unha escritura coa que non identifico para nada a miña lingua nai i o que unca farei será escribir con unha ortografía que parezme falsa e totalmente artificial. En resumen, não, jornal, nosso, veja, etc. son termos portugueses que non tein nada que ver coa miña lingua, a que eu mamei, e dicer a miña lingua nai.
Dito isto unha aperta.

Picarel, primeiro saudarte, xa que é a primeira vez que entro neste foro, pero teño que aplaudir esta túa mensaxe. Non podo estar máis de acordo co que escribes.
É unha falta de respecto para a nosa lingua o querer torcer (ou estancar) a súa evolución según lle veña en gana a un grupo concreto.
O galego foi avasallado fai séculos pola burguesía, pola dictadura mais tarde, ahora polos lusistas, os castellanistas.... pero esta lingua rebule e non hai quen poida con ela!

Ola Gel un saudo da miña parte para ti tamén, a pesar de que, como dices, e a primeira vez que participas no foro da Gudiña, teño leido as tuas mensaxes en outros foros, principalmente no da Vilavella e vexo que temos varias cousas en común ou polo menos dúas, o amor a nosa lingua nai e formar parte dos galegos da diáspora. Hay tamén algún dos teus comentarios nos que non queda muy ben parada a xente da Gudiña, penso en particular aquel da que decía "analfabeto", este último comentario fago en clave de humor e sen ningunha acritude. E necesaria esta última explicación porque nas mensaxes e dificil expresar o humor i a ironia. Unha aperta

Picarel, podes creerme, levo bo rato exprimindo os miolos e non logro lembrar o escrito ó que te refieres. Dime por favor cando e en qué foro o puxen. Eu as veces leo as mensaxes despois de postas e doume conta de que se poiden interpretar de xeito distinto ao que un desexa. O que si te podo asegurar é que nunca utilizaría esa palabra de maneira deliberada para referirme aos da Gudiña nin aos de ningún outro pobo, por suposto. As bromas io respecto deber de ir ó par.
Alégrame que teñamos cousas en común. Para min, quen aprecia e respecta a lingua nai, xa é unha boa razón para, de entrada, consideralo amigo. Saúdos.

Gel non lle des mais voltas, por favor, que non paga a pena, o meu comentario era un guiño, dito en tono de broma. Foi, fai tempo, no foro da Vilavella e tu falabas de duas mulleres que tiñan problemas de vocabulario dicindo que ocurrira na Gudiña, pero non decias que "as pavas" foran da Gudiña, podían ser incluso de Vilavella, ja, ja. Unha aperta
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Vaia, xa caín. Mea culpa, mea culpa. Aquelo foi un feito real e relateino tal como e onde sucedeu. Desde logo que foi unha falta de consideración por a miña parte nomear o pobo, ou hasta contar o conto quizais, pero é sempre sen intención de descalificar a ninguén. As señoras non eran da Gudiña, obviamente ahora non direi de dónde, ja, ja... por si acaso. Apertas