Rebaja tu factura AQUÍ

A GUDIÑA: ¿Na Gudiña cada cuatro unha sardiña?. Eso e moito....

No foro da Vilavella, que dito entre parentesis é o unico que ten unha certa actividade e que me produce unha envidia sana, estan a falar estes dias dos refráns da nosa comarca, e como é natural xorde con frecuencia o famoso "Na Gudiña cada cuatro unha sardiña". A min a verdade e que sempre me chamou a atención este refrán e intentei buscar a orixen. A primeira reflexión e obvia, os da Gudiña son uns famentos, tein tan pouco que comer que se reparten unha sardiña entre cuatro. Pero o refraneiro se algunha cualidade ten e que expresa realidades i a verdade e que, a parte da rima que se presta a facela frase redonda, obxetivamente a Gudiña non se caracteriza nin por ser terra mais abundante nin tampouco mais famenta que os pobos do arredor polo que sempre puxen en dubida esta explicación. Alguén, e non logro recordar quen foi, deume unha vez unha explicación, creo que foi o Pepe do Vergas (digo o mote con todo o cariño e respeto) pero non estou seguro, que eu quizais guiado por "mi pasión de madre", adoptei de seguida. Según esta teoria en epocas pretéritas e a Dios gracias superadas, cando os nosos labregos galegos tiñan que deixala a terra para emigrar temporalmente a Castela a famosa sega do trigo, saian coa comida de casa que podian levar o lombo (na maior parte dos casos sardiñas salazonadas) e como viñan de todas as zonas de Galicia, a maioria deles cuando chegaban a Gudiña xa consumiran casi todo o que traian e tiñan que racionar o que lles quedaba, polo que intentando alargar o condumio o máximo posible, repartían unha sardiña para cuatro. Como dicen os italianos "se non e vero e ben trovato".

¿Na Gudiña cada cuatro unha sardiña?. Eso e moito. Unha pra cada oito. ¡E das pequenas!. Est0 e mais ou menos como sigue ese refrán, que por certo mo repetíu o Tito, no bar A Nova Galicia en Madrid. Pero seguro que o Pepe do Vergas o tén incluido no repertorio, porque é un libro sin fondo. Un recuerdo pra él a muller e os fillos en Santiago