Senteime para xantar, un día xa do pasado remoto, co señor Romerales nun restaurante de Cangas, camiño de Moaña. Era a semana do Teatro Cómico e Festivo do lugar.
Eu pedín peixe. O peixe que fose, dábame igual. Bastáballe con sere un peixe fresco da ría.
Cando me trouxeron o prato co aquel peixe marabilloso deitado nel, Romerales preguntoulle ao camareiro cómo se chamaba aquel peixe.
--Pois non sei decirlle cómo se chama, señor. Élle simplemente un peixe fresco. un peixe da ría.
Romerales levantouse empurrado polo seu espíritu militar e fuxiu da mesa coma un lóstrego, despois de declamar en posición de firme, cara ó pescado:
--Pois eu non me sento á mesa con descoñocidos!