A VILAVELLA: Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán...

Xosé Ramón e Fernández-Oxea foi un mestre ourensán (1.896-1.988). Estivo na guerra de Marrocos, desde onde enviou crónicas de guerra ao diario ourensán "La Zarpa" co seudónimo "Ben-Cho-Shey".
No 1936, sendo inspector de Educación en Lugo, presidía o Partido Galeguista. Foi por iso supendido de emprego e soldo durante tres meses e desterrado a Cáceres. Logo trasladouse definitivamente a Madrid, desde onde exerceu un importante labor cultural. Foi membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). Descansa no cemiterio de S. Francisco de Ourense.
De aí copiei a miña nomeada, cambiando BEN por INDA, porque eu non cho sei tan ben coma el, pero sí lle teño unha grande admiración.
E o nome de INDA (que tamén é normativo, como aínda) quere decir que unha persona das Portelas INDA CHE SABE falar galego 221 anos despois de esgazar de Galicia o noso curruncho. E inda ten o máis grande amor pola súa cultura, a dos seus pais, avós, e tódolos devanceiros.
Que raices ten a nosa cultura! Sentímonos orgullosos de conservala e cultivala, como se fora a mellor horta da nosa alma.
Unha aperta a tódolos galegos deste zamorano, falen como falen, e escriban como escriban.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Xa que o sabes, boucho a dicir, recordándome do inda cho sei, pensei no dito do meu admirado Castelao, que tamben describía a realidad social de aquel tempo, e non quero meterme en política que nin entendo nin estou preparado pra falar dela, a tenor de tu despida apreciado amigo me siento totalmente identificado y por eso me puse a escribir estas lineas espero no encordiar a nadie y que nadie se siente molesto con mis expresiones, pues no es mi intención herir la sensibilidad de nadie, como veo que ... (ver texto completo)