Luz ahora 0,08609 €/kWh

A VILAVELLA: Vexo ó lonxe unha montaña...

Vexo ó lonxe unha montaña
que ten un fermoso pinar,
vexoa dende a ventana,
sentadiño no meu lar.
Vexo unhas carballeiras
cara o monte de Santigoso,
xestas, grandes uceiras,
salgueiros, abedules frondosos.
Regatos, barrancos e fontes,
animáis si que non vexo
en ningún destes montes,
nin xiquera un porco texo.
Non sei a quen coñecin primeiro
cando cas vaquiñas eu ía,
os da Canda, Vilanova ou Pereiro
con todos boa amizade me unía.
¡Cantas tardes de parola!,
de xogos e caralladas
buscando niños de rola
ca primavera empezada.
¡Aquel tempo xa non volta!,
pasou coma unha centella,
xa vos destes de conta
que falo da VILAVELLA.

Como decía no mensaxe anterior: Ca mellor intención.
Unha aperta para todos.