Luz ahora: 0,09399 €/kWh

A VILAVELLA: De cando en vez doume unha volta por eiquí. Unhas veces...

De cando en vez doume unha volta por eiquí. Unhas veces vivimos na realidade, e outras facémolo de maneira virtual.
Hacho que cada quen ten o seu xeito de valorar e interpretar os relatorios que van aparecendo. Hainos ben divertidos. Tamén os hai estriñidos. E hainos máis propios de correos privados amparados pola confidencialidade, que dun foro aberto ás máis impúdicas olladas. Pero isto non é máis que a miña humilde opinión.
O que non dou atopado é a pornografía da que fala algunha boa persona. ¿Onde está a pornografía?
O escándalo non sempre está onde nós o vemos. Ás veces, hai xente que se escandaliza ante unha cousa inofensiva, tal vez porque o motivo non está na cousa, senon na propia cachola do escandalizado.
Eu estou a pensar que hai foreiros que non son personas, senon personaxes.
Pero tamén penso que hai personas manxaborregas cun inmmenso e rancio virgo a rodear a sua testa coma un preservativo. E o mal a preservar non está fóra. Está dentro. Para sacalo, non abonda con vómitos. Hai tamén que abri-lo esfínter e ciscarse de cando en vez, que o estreñimento mental parece dar lugar a minifundios virtuáis, racismo difuminado e moi malos modos.
Apertas para todos aqueles que saiban diferenciar un abrazo da pornografía.