(Conto popular)
Aquel crego tiña unha boa criada.
Unha tarde saíron os dous á horta, e deitáronse á sombra dunha ameixeira.
Encaramado na árbore estaba un rapaz, papa que che papa ameixas.
O cura maila criada comezaron a xogar, e como ela quedase de cara para arriba, decatouse daquela presencia non esperada e, bafexando, murmuráballe ao crego na orella.
--Señor cura, señor cura: un rapaz.
E o cura contestaba rosmando:
--Lo que salga, lo que salga.
--Señor cura, un rapaz, un rapaz... -teimaba ela.
E coma o cura andaba cara para abaixo, non vía ao rapaz enriba da ciroleira, polo que seguía a rosmar:
--Lo que salga, lo que salga.
Por fin, tanto insistiu a criada, que o crego mirou de esguello para arriba, e decatouse daquela de que aquel papaameixas estaba a ver toda a brincadeira.
Avergonzados, saíron os dous da horta, cheos de brozas cabelos, saia e sotana, como almas que leva o demoño.
Para o outro día o cura mandou cortar a ameixeira, e vendeuna para facer santos coa súa madeira.
O primeiro santo que fixeron dela foi a imaxe de San Benxamín, e o crego rezáballe deste xeito:
"Na miña horta te criache
ameixeira te coñecín
os milagres que ti fagas
que non mos conten a min."