A esposa do dono dunha imprenta da Coruña é das Hedradas. Por iso dan unha volta de cando en vez por estes lares.
Unha das veces visitoume o marido, que é mestre retirado, para darme os parabéns polo meu nomeamento como académico correspondente da Real Academia Galega.
Faloume daquela do primeiro diccionario galego que mandou imprimir a Academia. Precisamente llo encargaron á súa imprenta. Houbo que facelo á présa, porque querían presentalo nun determinado evento. E coa présa, aos correctores quedóuselles a seguinte errata:
Onde debería pór: "CARALLO s. m. Órgano xenital masculino"
quedou así: "CARALLO s. m. Órgano xenial masculino".
Sonche cousas dos trasnos.