A GALIÑA ASUSTADA
Unha vez era unha galiña que andaba a peteira-lo chan debaixo dun castiñeiro, e nisto que lle caeu un ourizo na cabeza. Toda asustada empezou a correr dun lado para o outro e topou co galo:
-Marche de aí don Galo, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela -respondeu a pita, e marchou.
De alí a un pouco chegou onda a lebre, e díxolle:
-Marche de aí dona Lebre, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela.
Marchou de novo e foi dar coa raposa:
-Marche de aí dona Raposa, que cae o mundo a pedazos!
-E logo quen llo dixo, dona Galiña?
-Caeume a min na curupela.
-Pois se cae o mundo a pedazos, eu quero ir ben fartiña.
E a raposa papou á faladora galiña.