Eu seguirei participando neste foro con toda a paciencia. E fareino con contos, tradicionais ou arranxados.
Non faltei a ninguén. Tampouco son a Pita Moñuda, como afirman algúns de xeito gratuito.
Fun insultado por unha tropa de galopíns, non pola Vilavella como pobo, nin polo seu foro.
Non respondín a tales insultos ben pouco imaxinativos, por certo. Hai que enriquecer ese catálogo, señores, a poder ser coa suavidade da nosa lingua. Por exemplo, collendo a letra L dos meus apelidos: lapabroas, lapaberzas, lapadoiras, láparo, lapeiro ou larpeiro, lapexón, lapón, larafouzado, larafouzas ou larafuzas (ollo, non me estou referindo a ninguén); pero tamén poderían valer pailán, paifoco, zampallón, lambecricas, malandro, pillabán, baldrogas, camándulas...
É de esperar que haberá un intre no que asimilarán o seu erro e serán capaces --ou capaz-- de pedir perdón. Se non o fan, tanto me ten. Eles son as carrixas; eu, o castiñeiro.
Peteretiño: non nos coñecemos, pero a ver se nos vemos e botamos unha pinta.