Luz fijo a 0,11115 €/kWh

A VILAVELLA: Endexamáis me sentín aldraxado por ti. ¿Que este nome...

Endexamáis me sentín aldraxado por ti. ¿Que este nome te sonou a chinés? Pásalle a máis xente. Está feito adrede. Casi copiado deliberadamente dun escritor ourensán de cando a guerra, porque gusto coma el de xogar e disfrutar coa nosa lingua vernácula.
Indo hai anos no metro cun amigo catalán en Barcelona, el, moi catalanista, disfrutaba co letreiro da xaneliña:
-- "Es perillós abocarse". ¡Qué bonito es el catalán, y qué distinto del castellano. No como el gallego, que casi es castellano. En gallego se dirá "É perigoso asomarse".
-- Ca! -contestei eu a bote pronto- En galego dícese "É fodido saca-la cachola".