A tía María do Marcial morreu hai uns catro anos con perto dun século de vida ás costas. En 1.979 era traballadora do concello de Lubián, e seguiuno sendo ata o seu retiro, polo que conviviu algún tempo conmigo na casa de todos. Limpaba as escolas e as dependencias municipais. Daquela era D. Marcial o noso secretario, gran amigo de Cádavos, irmán de D. Sergio.
Con isto quero expresar o meu respecto pola Tía María, con quen me sentaba a falar moitas tardes no escano da porta da súa filla Nieves, días e máis días. As conversas con xente tan maior que conserva ben a capacidade intelectual son as millores leccións que teño recibido ao longo dos meus 59 anos.
Como teño dúas orellas e só unha lingua, acostumo a escoitar o doble do que falo, sempre que pague a pena o que se escoita, que non sempre acontece así.
Por iso me ofende que alguén poida pensar que eu poidera escoller o nome desta señora, ou da súa casa, para escribir nun foro.
Por outra banda, respecto a liberdade da Bubela da Casa da María do Marcial, quen non se ten metido con ninguén.