Rebaja tu factura AQUÍ

A VILAVELLA: Graciñas, amiga. ...

Graciñas, amiga.
Eiquí hai cousas que non son doadas de comprender.
Algúns teñen o dedo fácil, e disparan sen encomendarse a Deus nin ao Diablo.
Só xente descoñecedora da realidade da nosa veciñanza harmónica, (Vilavella, Lubián, O Pereiro, Chaguazoso, Barxa,...) dende a brétema que cega os seus ollos, pode ciscar inxurias de balde.
¿Anonimato? Ata poidera ocurrir que aparecera alguén con nome e apelidos, e non tratarse desa persona. Mira que faciliño sería utilizar a miña identidade, se só teño un apelido e o sabe todo o mundo.
É que esta xente non se decata de que eu xamáis ocultei a miña identidade? Se todos saben quen son, e me coñecen cando vou pola rúa en calquera dos nosos pobos, cómo ía eu aldraxar a ninguén?
O de Don Segismundo non vou telo en conta. Pero xente que dice cousas así non son merecentes do meu respecto.
Non sería a primeira vez que este medio poidera pecharse por un xuíz, por moi parecidas circunstancias.
Espero que non.