Luz ahora: 0,09237 €/kWh

A VILAVELLA: O máis probable é que as gaitas que vos enviou a Deputación...

O máis probable é que as gaitas que vos enviou a Deputación de Ourense sexan como as nosas, en SI bemol. Son as máis apropiadas para bandas.
As gaitas en DO, sen embargo, son as máis apropiadas para acompañar con outros instrumentos, como saxos ou clarinetes.
Hai outras tonalidades. A Real Banda de Ourense, ademáis das gaitas en SI bemol, leva tamén outras moi graves, en FA, que tocan unhas gaiteiras sentadas, sen soplar, porque levan un fol mecánico debaixo dun brazo.
Nós levamos inda pouco tempo. O noso primeiro profesor foi un rapaz da Canda que toca na Real: José Alonso. ¡Ese si que é un bó gaiteiro!
Felicito a Tono Ballesteros por tocar como solista, e saber acompasarse con outros gaiteiros cambiando de gaita, que tamén cambia de son.