A VILAVELLA: Hai oito ou dez anos deume por ir de pesca ao Diabredo,...

Hai oito ou dez anos deume por ir de pesca ao Diabredo, por baixo da Vilavella, varias veces.
Deixaba o coche na estrada que vai á Mezquita, onda o río que ven da Canda, camiñaba un rato polos prados cara ó Pereiro e comezaba a pescar, á cucharilla ou á mosca, nun eido onde o Camiño de Santiago vai sobre unhas poldras para que os peregrinos non se atolen no laguallo.
Collía dúas ou tres troitas da medida --ou ningunha--, soltaba outras tantas que inda tiñan que medraren, e volta para a casa despois dunha estupenda xeira na natureza.
Pero unha das tardes foi extraordinaria. Non polas capturas conseguidas, que xa non lembro, senon por un encontro que non se ten tódolos días no río. Nunha preseiriña que hai como a medio kilómetro da carretera onde deixara o coche, entrou a facerme a competencia unha lóndriga. Quedeime quietiño, e tuven o pracer de contemplala durante un bó anaco de tempo, sacando a testa e voltando a mergullarse varias veces naquela charca.
Teño casi 60 anos, son pescador desde os 20, e lóndrigas só as vin tres veces: no Tuela, no Mente e no Diabredo. Por eso foi un intre especial, como especiais son os ríos limpos que inda sirven de hábitat para fauna tan escasa.
Que así sexa por moito (ou muto) tempo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Una linda experiencia y mejor relato... ¿QUE ES UNA LÓNDRIGA?

Gracias
Saludos
Este relato, historia o como le llamemos, me transporta a la vera de los dos rios,
estas vivencias gustan. ¡que se cuenten mas! vuelvo a aplaudir.
Un abrazo amigo