Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Nese río inda fun pescar na pasada primavera. Entrei...

Nese río inda fun pescar na pasada primavera. Entrei pola Esculqueira e deixei o coche onda unha ponte. Alí pon un letreiro que dice: Río Parro, se non me engano. Hai catro ou cinco anos, collín oito troitas moi boas á cucharilla. Unha pesaba medio kilo.
O ano pasado só collín dúas da medida xusta.
Agora hai unha praia fluvial pola parte de arriba da ponte, e un merendeiro á borda do camiño polo que eu baixo ao río. Antes non había nada diso.
O río é pequeno, pero moi fermoso. Sempre me parecéu moi pouco pescado, xa que non se aprecian piaxes de pescadores polas bordas.
Lástima que teña poucas troitas. Por iso só vou unha vez ao ano.
Para regresar a Lubián, sempre continuo por Chaguazoso, Mezquita e Vilavella.
Tamén teño ido ao de Cádavos.
En Portugal teño entrado no río Asureira, desde a carretera que ven desde Barxa ata onde se xuntan o de Cádavos e o de Chaguazoso, que son os que forman este río portugués, afluente do Rabaçal.
As troitas é o de menos. O que é indescriptible é o placer que sinte un camiñando polos ríos, e lembrando despois, como agora, aquelas camiñatas polas entretelas da natureza máis pura.