Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Tes toda a razón, perdón sobre todo por o pigarro,...

Os paxaros teñen nomes moitas veces diferentes dun pobo á outro.
Sen embargo, acho que estes nomes da Vilavella son os mesmos que en Lubián, e se refiren aos mesmos paxaros.
A ROLA chámase en castelán TÓRTOLA. É migratoria. Eiquí pasa a primavera e o verán. Fai o níu (niño) con moi pouquiños guizos nun piorno, ou en calquer outro arbolexo. Pon sempre dous ovos, e ten dúas rolas novas cada verán. Paréceme que cando emigra, vai cara a Turquía. Cando voltan, voltan sempre aos mesmos pobos e ao mesmo eido.

O PIGARRO chámase en castelán ARRENDAJO. É un córvido. Ten unhas cores moi bonitas: azul, negro, marrón, gris... Non emigra. O seu níu, case sempre en carballos ou bedulos, carece de teito, ó contrario co das pegas, pero é moito máis elaborado co da rola. Está feito máis de vagar. Pon seis ovos, e ven tendo seis crías cada ano.

Hoxe aprendín unha cousa con Ballesteros que ma confirma o libro do lingüista Cortés y Vázquez "El Dialecto galaico-portugués hablado en Lubián":
LABRANDEIRA: Chámase así porque acompaña aos labradores cando aran a terra. Teñen o rabo largo, e van aproveitando o alimento que atopan nos sucos, arromándose sen parar, mentras camiñan. Tamén acompañan ás vacas nos prados.
Eu pensaba que os chamabamos "lavarandeiras", e que tiñan ese nome por andar tamén perto da auga case sempre (lavar). Creo lembrar que en castelán chámase "bisbita", pero terei que confirmalo.
Satisface aprender. Graciñas.

Tes toda a razón, perdón sobre todo por o pigarro, quizá me levou a confusión o parecido do seu nombre, poque non ten nada que ver un co outro; inda que pertenecen a misma familia dos córvidos, pero o Grajo é todo negro menos o pico, solo se diferncia do Corvo en que este é completamente negro, e tantiño mais grande.
Gracis por correxirme, pronto e abertamente.
Saludos.