Rebaja tu factura AQUÍ

A VILAVELLA: Xa que estamos coa paxaragada, e abusando dos teus...

A labrandeira en castelán chámase LAVANDERA BLANCA ou AGUZANIEVES.
O nome científico é MOTACILLA ALBA.

Nós chamámoslle labrandeira a estes dous paxaros dunha mesma especie: "bisbita" e "aguzanieves". Pero non son o mesmo paxaro.

Xa que estamos coa paxaragada, e abusando dos teus conocimentos e mais da tua xenerosidade, dime como se chaman os seguintes paxaros:

-Merla Cachoeira-.

-Milpéndora-.

Se non lle chamades igual en Lubian, e necesitas alguha referencia pra identificalas, xa veremos o que se pode facer.
Gracias, amigo.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Antes de nada, decir que a nosa ROLA é a "tórtola europea", e non emigra a Turquía, senon a África. A min soábame algo de Turquía, pero ao consultalo, resulta que hai outra "tórtola turca", pero esta non ten nada que ver connosco.
Veñen fotos en google de todos estes paxaros.

En Lubián non lle chamamos MERLA CACHOEIRA. Seguramente se trata do castelán "mirlo acuático". Nós chamámoslle LAVANCO.
No diccionario de Estravís aparece como MERLO ARRIEIRO, MERLO RIEIRO, MERLO DE AUGA, MERLO PEIXEIRO, ... (ver texto completo)