Luz ahora 0,01000 €/kWh

A VILAVELLA: Ao día seguinte dun 1-3 no Bernabeu viaxei a Madrid....

Ao día seguinte dun 1-3 no Bernabeu viaxei a Madrid. Xoves. Reunión na "Calle del Nuncio", como vocal dunha Comisión da "Federaciós Española de Municipios y Provincias".
Deixei o 407 no aparcamento da Plaza Mayor, e antes da Comisión inda tuven tempo de tomar uns cafetiños ao sol nunha daquelas terrazas. Para un alcaldiño rural é toda unha aventura meterse no tránsito da capital, e ver xente en exclusión social deitada entre farrapos nos pasadizos, e outras tantas cousas ás que xa non estou vezado, desde o 78, cando deixei un colexio de Barcelona para vir á escola de Lubián.
Non escoitei nin unha palabriña sobre o partido do día anterior, e iso que nos acercamos á Calle Orense, perto do Bernabeu, onda Torre Picasso, para xantar co fillo e a filla que traballan alí. Comimos nun restaurante andaluz chamado "El Capataz".
Non sei se Manzanares El Real queda lonxe ou perto de Madrid, pero non escoitei tampouco esas gaitas das que fala Manuel. Hai que soplar máis! (no bó sentido da palabra)
Cada tres meses farei o mesmo viaxe. ¿Terei máis sorte daquela?