Luz ahora: 0,16501 €/kWh

A VILAVELLA: Os dais conta como van florecendo os recordos, a o...

Nós, en Lubián, tamén lle chamamos pito verdeal.
Unha mañá andabamos meu avó e máis eu facendo a bima nunha leira. Na da Cascalleira.
Eu era un rapaciño que ía con el para andar de diante ao acaroar. Pero ás veces xa me facía colle-la rabiza.
Nun intre no que o avó araba de costas para min, fuxí á carreira cara un soutiño de castiñeiros que había perto de alí. Un deles tiña un buraco no que xa escabacara alguén coa machada outro ano para coller os seis pitos verdeais de cría e levalos á tarteira.
Encarrisquei de contado, ao ver saír o pito nada máis tocarlle á árbore. O buraco estaba esgarrado cara abaixo en forma de uve. Cheguei á súa beira, e metín o brazo deica o mesmo ombro, pero non dei alcanzado o fondo do trovo. Cando quixen sacalo, quedei atrapado polo sobaco naquela uve. Intentei empertegarme, para subir o brazo, pero resbalei da galla na que apoiaba, e quedei colgado polo brazo. Menos mal, porque senón a zapucada houbera sido de "muy señor mío".
Os berros fixeron que o avó ciplinara aguillada e rabiza, e veu correndo para socorrerme.
O bó home, que tería daquela seus sesenta e oito anos, botou as maos á testa ao ve-la situación, sacou os zamancos dos pés, e tivo que encaramarse ata o cano do que eu resbalara, para alzarme e sacar do buraco o brazo que case esmangallo.
Inda que viviu deica os oitenta e un anos, non mentirei se afirmo que foi a derradeira vez que tivo que encarriscar a unha árbore.
Hoxe estas cousas non pasan. Os rapaces non saben de níus, nen de paxaros. Os nomes dos paxaros van morrer coa nosa xeneración.
Un día de escola, xa hai vinte anos, preguntei aos rapaces de Porto cómo se chamaba naquel pobo un pigarro que pasou por onda nós, e contestaron todos a coro:
--Como se vai chamar? Paxaro!

Os dais conta como van florecendo os recordos, a o mellor aburridos pra os rapaces pero que carallo, si somos los vellos los que mais escribimos en o foro y en esta plaza chamada Internet nos xuntamos a contar as cousas da nosa niñez e nosa juventud.

En una oportunidad me manda o meu pai con 6 vacas pra o prado dos Poulos -- camiño de Chaguazoso a Mezquita -- chegando y mientras as vacas rumiaban, eu encontrei un nido entre o pasto do prado, saqueile os huovos y venia feliz con eles en a mau cuando al mirar pra tras vecho un lagarto corendo pra min, me asustei y puxeme a correr con a sirena sonando (gritos de miedo); como veia que non paraba o lagarto, corri asta a pirca la que saltei soltando os huovos do nido e segui correndo; al mirar hacia tras vi como o lagarto se paseava de un lado a outro en el alto da pirca. Vaya con o maldito paxaro no voava pero corria que daba medo.

Son recordos, un Saudo
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Que ledicia o conto do lagarto, eles son oviparos pero poñen os ovos mui pequeniños.
Quiero felicitarte por tu mejoria con el gallego del ultimo mensage co respecto al anterior...
Un cordial saludo