Luz fijo a 0,11115 €/kWh

A VILAVELLA: --Ti naciches, queridiña miña, o día que pariu a porca....

--Ti naciches, queridiña miña, o día que pariu a porca. Saberás que tivo sete bacuriños e que o derradeiro apareceu vivo ó día seguinte, detrás do cubo da lavadura. Era coma ti, rosadiño...
--Mamá... ¡que comparación!
--Non, filliña, non. Os outros seis eran coma os teus irmáns, rexos, un pouco malasbestas, pero bos e fortes, tan fortes que ó mes de naceren pesaban o dobre ca ti, que non me levaches ó outro mundo porque Deus non o quixo... ¡Xa sabía eu que era un mal presaxio que viñeses de cu! Fíxate que teu pai, que sempre quixo homes na casa, cando te colleu no colo dixo, abanando a testa, que este non sei, non sei, non parece moi home, que case non se lle ve o pito... E claro: moi home, moi home non resultaches...