Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Amigo Inda, iso foi verdade, condanado do sinor Sotillo...

Gusto deste novo nome. Inda Pita. Cada vez con menos presión, pero inda pitamos de carallo.

Contaba un día o noso amigo Sotillo que un rapaz tivera un accidente cunha moto, e entre outras feridas, acabara coa pichula partida pola mitade.
Enterada a futura sogra (a Pita Moñuda), foi visitalo ao Complexo Hospitalario Cristal Piñor de Ourense, para ver se aquela cousiña tiña ou non arranxo.
O rapaz dixo que sí, que a cousa quedara totalmente útil, según tódolos informes médicos. Certo é que lle quedara unha curva no medio, alí no sitio por onde esgazara, pero que se trataba dunha tacha sen importancia para o seu normal funcionamento.
Como o rapaz vía que non acababa de disipa-las dúbidas da futura sogra, e como queira que estaban os dous sós, insinuoulle:
--Parece que non me acaba de creer. ¿Que podemos facer para que se convenza vostede?
--Mira: eu sonche como Santo Tomás. Marcharía convencida, totalmente convencida, se a probara. Que as cousas non che son o que parecen.
E probouna alí mesmo, naquel mesmo intre. E nada máis comezar o asunto, foi a Pita e peideou con violencia imprevista.
O rapaz berrou de inmediato:
--Non pite inda, señora Pita. Non pite, que inda non chegou a curva!

Amigo Inda, iso foi verdade, condanado do sinor Sotillo que bon gaxo era, munto me rein cuel cando me levou pra Franza, dale lembranzas miñas, dile a verdade de que istou no Brasil, más cuando torne bou ir a verlo.
Unha aperta.