Ofertas de luz y gas

A VILAVELLA: Agora as estacións de servicio da periferia de Castela...

Agora as estacións de servicio da periferia de Castela e León andan de capa caída. A Junta instaurou o "céntimo sanitario" recargando o litro de combustible en 5 céntimos. En Galicia xa estaba instaurado, pero só 2 céntimos. ¿Cánto estarán a perder as gasolineiras castelás da raia?
Pero como decimos iso de que a mal tempo, boa cara, aí vos vai outro contiño dun vello de Lubián que foi camioneiro moitos anos (dos seus propios camións).
Chegou a unha gasolineira un paisano en bicicleta. Levaba un bó traxe, garabata, camisa de seda, pinzas nos pantalóns para non lixalos coa cadea, e unha borracheira criminal. Parou á beira do surtidor de 98 octanos e chamou polo traballador, que non quería facerlle caso.
--Dígame, señor.
--Bóteme un litro de gasolina no peto dereito do pantalón, e un litro de aceite no esquerdo.
O gasolineiro botoulle os combustibles tal como lle pedira, e quedouse achantado cun sorriso nos beizos á espectativa. Entón o paisano abriu a petrina e botou fora unha minga moi esmirriada pola borracheira, e díxo:
--Agora deme manibela, a ver se arranco.