A pesar de todo o exposto, quizais sexa necesario plantexarnos ¿por que emigraron os galegos? e ¿era Galicia a comunidade máis pobre do estado? Dous interrogantes moi fáciles de contestar se só atendemos a datos estadísticos, pois Galicia era por entón unha comunidade pobre, pero o segundo dos interrogantes levaríanos a ter que recoñecer que, aínda sendo pobre, había zonas do Estado máis pobres ca nós e, sen embargo, deron índices de emigración por debaixo dos galegos. Aquí é onde aparece a disxuntiva "logo, ¿qué pasou? " Castelao, no seu libro Sempre en Galiza, reflexa este fenómeno coido que moi acertadamente: "Aínda que os factores económicos foron o suficientemente importantes como para botar fóra da súa terra a moitos galegos, tamén é certo que nós sabemos andar polo mundo na procura do benestar ó contrario de moitos españois que prefiren morrer de fame con tal de non ter que enfiar camiños descoñecidos. Os galegos sabemos arranxar papeis e pedir unha pasaxe de terceira; sabemos agacharnos na bodega dun trasatlántico; sabemos abrir fronteiras pechadas; sabemos pedir traballo en tódalas linguas; sabemos canto se debe saber aínda que sexa a primeira vez que saímos fóra da terra". Agora podemos entender mellor a resposta ó segundo interrogante; os galegos emigraron forzados pola situación económica e por que non se conformaban con seguir sempre o mesmo; querían mellorar e sobráballes vontade para facelo.
Pra todos os que sufrimos estar lonxe da terra. Pra todos os Galegos que forón en busca de una vida millor.
Un abrazo para todos
Pra todos os que sufrimos estar lonxe da terra. Pra todos os Galegos que forón en busca de una vida millor.
Un abrazo para todos
Temos que felicitar a Varela por esa copia tamben posta, e por ese galego, que dende logo non se parece para nada o del.
Felicitalo por esa defensa dos galegos emigrados primeiro a Latinoamerica, e despois a Europa, e por facer alusión tamen esa maravilla de libro de "Castelao".
Un efectuoso saludo Sñr. Varela.
Felicitalo por esa defensa dos galegos emigrados primeiro a Latinoamerica, e despois a Europa, e por facer alusión tamen esa maravilla de libro de "Castelao".
Un efectuoso saludo Sñr. Varela.