Luz ahora: 0,16501 €/kWh

A VILAVELLA: Sinor Inda, dice que téin bos carros, me imaxino que...

Hai quen dice que a nosa sociedade padece unha depresión colectiva pola machacona información sobre a crise. ¡Crise aquela, a do caldo de verzas tódolos días cando era rapaz e mozo!. (E cómo gustaba ao requentalo)
Alguén critica eiquí, neste foro, o asunto dos restaurantes e do arroz con bogavante.
Pois eu apúntome. Ao arroz con bogavante, claro; non a crise.
Dicen que o problema é que os españois temos vivido por riba das nosas posibilidades, e que temos que aprender a vivir doutro xeito.
Pois eu non. Nunca vivín por riba das miñas posibilidades.
Teño bós carros. Teño posibilidades para ter máis, se os precisara, e millores; pero sempre me contentéi cos que merquei, sen envexar para nada eses grandes turismos aos que adianto cos meus Peugeot subindo as Portelas.
Teño dúas casas e dúas hipotecas, pero as dúas dentro das miñas posibilidades, pois nunca deixei de pagar relixiosamente os importes, nen deixarei xamáis de facelo. Isto quere decir que eu non teño a culpa da crise financieira e bancaria, pois os meus créditos son de cobro garantizado (Así o dicen os mesmos bancos).
Como ademáis vivo dentro das miñas posibilidades con folgura, tampouco son culpable de vivir por riba delas.
Ademáis baixáronme os emolumentos para contribuir á solución da crise, e non me queixo. Téñoo asumido con toda a boa vontade do mundo.
Tamén me subiron este ano o IRPF para contribuir á solución da crise, e tampouco me queixo. Tamén o asumo con boa vontade.
Auméntanme a xornada laboral, e se me queixo é polos miles de interinos que van quedar sen traballo.
Auméntanme os alumnos nas aulas, e se me queixo é polo traballo dos despedidos e pola perda de calidade no ensino.
Por iso me apunto aos restaurantes onde se poida disfrutar dun bó xantar e dun bó viño, coma eses aos que alguén critica. Porque o teño ganado e mo podo permitir.
Os que poidan manter a actividade económica normal deben seguir a facelo, porque as tixeiras, elas soas, xamáis van resolver o problema.
Para min, os cartos que teñen máis valor son os que circulan. E os restaurantes son empresas que teñen que facturar para manter postos de traballo.
En fin, o que queira participar desta depresión colectiva na que nos teñen mergullados, ten toda a liberdade do mundo para facelo. Faltaría máis!
Eu, mentras poida, a consumir dentro das miñas posibilidades.
É tamén un xeito de axudar a corto, medio e longo plazo.
E perdón se a explicación ofendese a alguén. Non está no meu ánimo.

Sinor Inda, dice que téin bos carros, me imaxino que rerán buenos, pero si quere mercar algún más quéin los pode veder ê un hermano del meu amigo Barxes, pois él téin muntos.
Unha aperta.
Respuestas ya existentes para el anterior mensaje:
Eses carros dos que o seitureiro me fala foron os primeiros que guiei. Era un cativo, e xa os guiaba, sempre coa vara aguillada ao lombo. Na sementeira, prefería guialos a cargalos.
Aquela foi a nosa crise máis grande. Economía de subsistencia desde que nacín ata que casei. Vintetrés anos de crise. Nos invernos, gracias ás becas aquelas que se conservaban aprobando todas en xuño, cun 7 de nota media, interno. Así me librei de atar a herba na pallarega (ou palleira) e acomoda-la facenda nas cortes. ... (ver texto completo)